Galicia
Luciano Varela recibe a Medalla de ouro da Irmandade Xurídica Galega pola defensa da lingua
O Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela acolleu a celebración da XI Asemblea da Irmandade Xurídica Galega, á que asistiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Ribeira solicitará un informe para acabar coa polémica do seu topónimo
O alcalde de Ribeira solicitará un informe para resolver o conflito sobre o topónimo que lle dá nome ao municipio, un conflito que dura anos e que se centra en se debe escribirse con b ou con v, e comprometeuse a acatar o veredicto.
Fonte: La Voz de Galicia
Publícase a resolución das axudas aos proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos
O DOG publica a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se conceden as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos non universitarios para o curso escolar 2017/18.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Especialistas piden que se lles dea maior visibilidade aos nomes que son exclusivamente galegos para aumentar o seu uso
Malia que os especialistas coinciden en que o tema dos nomes é unha cuestión de modas, o certo é que desde o ano 2011 ningún nome propio exclusivamente galego figura entre os dez máis habituais. Pero as modas non aparecen de súpeto, senón que responden a dous motivos principais que son o prestixio e a visibilidade.
Fonte: La Voz de Galicia
700 escolares ourensáns celebran con 'Cholo e Nela' a vixésimo primeira Convivencia de Educación Infantil
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegáronse á XXI Convivencia de Educación Infantil, na que participaron máis de 20 centros educativos das comarcas de Valdeorras e Terras de Trives.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Resólvense os Premios Lois Peña Novo que recoñecen o labor dos galardoados a prol da normalización do galego
O xurado dos Premios Lois Peña Novo deu a coñecer as persoas gañadoras destes galardóns cos que se pretende impulsar o proceso de normalización lingüística no ámbito das administracións públicas, na vida institucional e na sociedade en xeral.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Cidade da Cultura explora en ‘Nexos’ a evolución da música portuguesa con Teresa Salgueiro, ex vocalista de Madredeus
A Cidade da Cultura de Galicia celebra o sábado 16 de xuño a quinta e última sesión de Nexos desta tempada, na que se analizará a evolución da música popular portuguesa nos últimos 50 anos, desde a irrupción da chamada 'nova canção portuguesa', co Zeca Afonso e Fausto, ata o panorama actual no que o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O IES Marco do Camballón presenta unha revista de matemáticas en galego

O IES Marco do Camballón de Vila de Cruces presentou o primeiro número de Marco Numérico, unha revista de carácter anual na que o alumnado do centro que cursa segundo ciclo da ESO e Bacharelato poderá publicar os seus traballos de matemáticas en galego.
Fonte: Praza Pública
Anxo Lorenzo saúda os 350 participantes de ‘No bico un cantar’ como “a semente do noso futuro musical”
A igrexa de San Fernando de Betanzos acolleu o concerto da sexta edición de "No bico un cantar", un programa educativo e cultural promovido pola Consellería de Cultura e Educación e polo Consello da Cultura Galega que congregou nesta ocasión 350 alumnos e alumnas de toda Galicia, procedentes dos conservatorios de música profesional e de centros de música das catro provincias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa na Coruña na entrega de premios do 10º Concurso Novos Talentos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no coruñés Miradoiro do Monte de San Pedro na gala de entrega de premios da 10ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín