Galicia
Cambados acollerá un acto para conmemorar as primeiras sentenzas ditadas en lingua galega
A Irmandade Xurídica Galega recoñecerá neste acto o labor de tres maxistrados (Edgar Fernández Closs, Carmen Pose Amado e Xoán Manuel Hermo Costoya) que no seu día foron pioneiros en ditar sentenzas en lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
'Este Vaise' promociona a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco co apoio da Xunta
O novo videoclip 'Este vaise', producido pola compañía galega de espectáculos Queiman e Pousa, promociona a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Galicia réndelle tributo a María Victoria Moreno cunha ampla programación de ámbito literario, expositivo, deportivo e musical
Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno, a Xunta de Galicia -a través da Consellería de Cultura-, a Real Academia Galega (RAG) e o Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa CRTVG, deseñaron un amplo programa de actividades que abranguen iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, empresarial e musical, entre outros, dirixidas a todos os públicos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
"Alguén que respira" conmemorará o Día Mundial da Poesía co apoio da Consellería de Cultura
O I Festival de Poesía para o Corpo Principal Alguén que RESPIRA! conmemorará o Día Mundial da Poesía, do 21 ao 24 de marzo, organizado polo Concello de Santiago e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Uxía gaña o premio ao mellor álbum en galego nos MIN 2018 da Música Independente
A cantora galega Uxía gañou o Premio ao Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN 2018 da Música Independente, co seu último disco, UXIA-O, dedicado ao poeta Uxío Novoneyra e apoiado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'Repensar Galicia. As Irmandades da Fala' recompila as actas do simposio homónimo
O volume Repensar Galicia. As Irmandades da Fala, coeditado polo Museo do Pobo Galego e a Xunta de Galicia, recompila as actas do simposio homónimo, celebrado en Santiago de Compostela do 17 ao 19 de novembro do ano 2016 como peche aos actos conmemorativos do Centenario das Irmandades da Fala.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O programa Musigal destina medio millón de euros para a música en galego
Musigal, un programa posto en marcha pola Deputación de Pontevedra no marco das actividades do Ano da Lingua, está destinado a grupos musicais profesionais da provincia co obxectivo de apoiar a música galega e en galego.
Fonte: Deputación de Pontevedra
O colectivo A Mesa das Verbas organiza un certame para promover a creación literaria en lingua galega
O colectivo A Mesa das Verbas de Vilagarcía, en colaboración co Centro Comercial Arousa, organiza o concurso literario "Letras Galegas 2018", co obxectivo de fomentar a creación literaria en galego.
Fonte: Faro de Vigo
A Universidade de Santiago convoca o Concurso Literario Mazarelos que busca fomentar a creatividade literaria en galego
O Concurso Literario Mazarelos chega á súa cuarta edición co obxectivo de impulsar a creatividade da mocidade universitaria e a súa capacidade de expresión en galego.
Adif reclámalle ao Concello de Ferrol a tradución ao castelán de dúas notificacións redactadas só en galego
Adif remitiulle ao Concello de Ferrol uns escritos nos que lle pide que dúas notificacións enviadas pola Administración local redactadas unicamente en galego se traduzan ao castelán.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín