Galicia

Trescentos escolares ourensáns réndenlle homenaxe a Pura Vázquez no centenario do seu nacemento

Trescentos escolares de educación primaria de sete centros de ensino de Ourense rendéronlle tributo a Pura Vázquez no centenario do seu nacemento, no acto "Pura Vázquez, pioneira da literatura infantil, mestra exemplar", organizado pola Fundación Ínsua dos Poetas en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación de Ourense.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Nacen dúas novas iniciativas xornalísticas en galego na provincia de Lugo

Nacen dous novos xornais en galego na provincia de Lugo: LugoXornal, con información da contorna de Lugo e O Bierzo, e Xornal da Mariña, unha iniciativa dixital que fala da realidade da Mariña luguesa.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dous estudantes da Universidade de Vigo crean unha canle de vídeos en lingua de signos

Dous estudantes de Educación Primaria da Universidade de Vigo puxeron en marcha en YouTube "Viva Signos", unha canle de vídeos en lingua de signos na que ensinan vocabulario, entre outros temas, sobre profesións, animais, familias, cores ou días da semana.

Fonte: Faro de Vigo

"Kiel-Santiago: encrucilladas da diversidade lingüística europea" reflexiona sobre o multilingüismo

Kiel-Santiago: Encrucilladas da diversidade lingüística europea aborda a reflexión sobre as linguas de Europa, con ou sen Estado, e foi presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García acompaña a Siro López na presentación da obra "Castelao na arte europea"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou ao artista plástico, escritor e xornalista​ Siro López na presentación da obra Castelao na arte europea.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García acompaña a Teresa Pérez Tilve na presentación da obra "A carón da máquina"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a Teresa Pérez Tilve n​a presentación do libro A carón da máquina.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa nun xantar-coloquio con xornalistas galegos en Madrid

Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, compartiu en Madrid un xantar-coloquio con membros da Asociación de Xornalistas Galegos na capital de España durante o que deu conta da situación actual da lingua galega e presentou as liñas de traballo que desenvolve a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que el dirixe.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Propoñen que as plataformas Netflix e Movistar+ ofrezan os seus produtos con subtítulos en galego

O BNG defendeu no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para que se inclúan subtítulos en lingua galega nos produtos das plataformas tecnolóxicas de contidos audiovisuais como Netflix ou Movistar+.

Fonte: Código Cero

Convócanse dúas bolsas e dúas prazas en centros de estudos galegos no exterior

A Xunta de Galicia convoca dúas prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas das universidades de Oxford e o País Vasco e mais dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas das universidades de París e São Paulo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Preséntase ‘A viñeta de Schrödinguer’, unha revista de banda deseñada en galego

O debuxante Kiko Dasilva e A Mesa pola Normalización Lingüística presentaron A viñeta de Schrödinger, unha revista da banda deseñada integramente en galego que se porá á venda o vindeiro mes de xullo cunha tirada de 1500 exemplares.

Fonte: Sermos Galiza

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder