Galicia
Convócanse cursos de formación lingüística para o persoal da Administración autonómica
A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de formación para o persoal da Administración autonómica de Galicia, entre os que se atopan dous de contido lingüístico: “Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública” e “Actualización gramatical e ortográfica da lingua galega”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A plataforma Queremos Galego presenta a convocatoria da súa manifestación para o 17 de maio
A manifestación do 17 de maio deste ano terá como lema "En galego día a día" e percorrerá as rúas de Santiago de Compostela a partir das 12 da mañá.
Fonte: Queremos Galego
Chega unha nova edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras
O Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, convocado polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, chega á súa edición número 15 co obxectivo promover a reflexión e a dinamización lingüísticas no ámbito universitario.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Xunta e Uvigo celebran en Pontevedra a xornada Día das Redes Galegas
A Universidade de Vigo (UVigo) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística celebran por cuarto ano consecutivo a xornada Día das Redes Galegas. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra para inaugurar un encontro que busca analizar o papel das redes sociais no século XXI e poñer en valor a figura dos responsables de comunidades virtuais a través da experiencia de profesionais formados na propia facultade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa en Vigo na inauguración da exposición O Día das Letras Galegas. 55 anos de historia
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Vigo na inauguración da exposición "O Día das Letras Galegas. 55 anos de historia".
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña organiza unha campaña para fomentar o uso do galego entre a mocidade
Centros de ensino secundario de 43 concellos coruñeses acollerán as actividades de fomento do galego organizadas pola Deputación da Coruña no marco da campaña "O galego: a miña lingua" que ten como obxectivos potenciar o uso desta lingua entre a xente nova e fortalecer a súa identidade lingüística.
Fonte: Deputación da Coruña
Denuncian que a Axencia Tributaria obstaculiza o dereito a realizar a declaración da renda en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística acusa a Axencia Tributaria de obstaculizar o dereito da cidadanía a facer a declaración da renda en galego. Concretamente, sinalan que esta Administración carece de servizo telefónico de atención nesta lingua para informar sobre a actual campaña.
Fonte: Galicia Confidencial
A publicación da RAG "Cadernos de lingua" estrea unha plataforma dixital que facilitará a súa difusión internacional

Cadernos de lingua, publicación da Real Academia Galega nacida en 1990, chega ao número 36 coa estrea dunha plataforma web que axudará a impulsar a difusión das investigacións sobre a lingua galega a nivel internacional.
Fonte: Real Academia Galega
Encontran en Castro Caldelas un gravado do século XV en galego
O gravado, de principios do século XV, encóntrase en dúas tellas encontradas en Castro Caldelas que se depositarán no futuro museo antropolóxico da Ribeira Sacra, cuxa apertura está prevista para xullo. A importancia desta inscrición reside en que se trata do documento epigráfico en barro máis antigo en lingua galega.
Fonte: La Región
Convócase a terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil para o fomento do galego "Quero Cantar!"
A Deputación da Coruña convoca unha nova edición do concurso de música infantil e xuvenil "Quero Cantar", cuxa finalidade é fomentar o uso da lingua galega, así como a creatividade poética e musical.
Fonte: CTNL
Boletín
Subscríbase ao boletín