Galicia

O Plan de dinamización do galego na mocidade inclúe o deporte como ámbito prioritario de actuación

O novo plan de dinamización do galego na mocidade que está a preparar a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inclúe o deporte entre os ámbitos de actuación prioritarios na dinamización da lingua propia de Galicia na xente nova.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha nova publicación da Real Academia Galega recolle a toponimia de Agolada

A Real Academia Galega publica, en edición dixital, o volume Toponimia de Agolada, obra que xa se pode consultar na páxina web da institución. Trátase dun traballo da académica correspondente Luz Méndez que analiza as orixes dos nomes das 24 parroquias e dos 163 lugares deste concello.

Fonte: Real Academia Galega

Valentín García participa na conmemoración das primeiras sentenzas ditadas en galego nos xulgados de Caldas de Reis

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de descuberta da placa conmemorativa das primeiras sentenzas ditadas en lingua galega nos xulgados de Caldas de Reis polos maxistrados Manuel Pereira Costas, Dalila Dopazo Blanco e Encarna Dasi Dorelle.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística impulsa unha iniciativa para promover o galego no sector audiovisual

A Mesa pola Normalización Lingüística levaralle ao Parlamento unha iniciativa de fomento do uso do galego no sector audiovisual. Trátase dunha das medidas aprobadas na súa asemblea xeral para o ano 2018.

Fonte: La Opinión

As aplicacións do Dicionario da Real Academia Galega renóvanse coa incorporación dos cambios demandados polas persoas usuarias

A nova versión das aplicacións do Dicionario da Real Academia Galega para Android e iOS introduce as modificacións solicitadas polos usuarios e usuarias, así como funcións xa incluídas na versión web desta ferramenta.

Fonte: Real Academia Galega

Ponse en marcha unha iniciativa para renderlles unha homenaxe ás nenas e nenos que falan galego

Un grupo de persoas acaba de poñer en marcha en Internet a iniciativa "Porque me peta!", que ten como finalidade renderlles unha homenaxe a todas as nenas e nenos que falan galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Santiago pon en marcha novas andainas lingüísticas en catro linguas

As andainas lingüísticas teñen como obxectivo que as persoas participantes aprendan e practiquen distintas linguas nun contexto informal. Nesta nova edición os idiomas que se poderán practicar son o inglés, o checo, o alemán e o francés.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Alumnos dun centro de secundaria de Arteixo inician unha campaña para que Google respecte o topónimo oficial do seu municipio

O alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo puxo en marcha unha iniciativa para que Google utilice o topónimo oficial en galego do seu concello, en lugar da forma Arteijo.

Fonte: La Voz de Galicia

Cambre organiza un certame literario en lingua galega destinado á mocidade

O Concello de Cambre organiza un certame de poesía, narración breve e microrrelato destinado a mozas e mozos de entre 12 e 26 anos ao que poderán presentarse textos redactados en galego e que sexan orixinais, inéditos e non premiados con anterioridade.

Fonte: La Opinión

Política Lingüística colabora con PuntoGal nunha campaña con motivo do Día do Libro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no IES Leixa de Ferrol, na presentación da campaña da Asociación PuntoGal con motivo do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder