Galicia

O 99 % das lápidas da necrópole de San Facundo de Ribas de Miño está en galego

O cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño constitúe un caso singular en Galicia, posto que o galego está presente no 99 % das lápidas.

Fonte: El Progreso

A Xunta apoiará os mellores proxectos de innovación en dinamización lingüística

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca no Portal Educativo e no Portal da Lingua Galega a Resolución pola que se convoca a participación en proxectos de innovación en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública durante o curso académico 2017/2018.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa no acto de entrega dos XVIII Premios Manuel Beiras

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na sede da Cámara de Comercio no acto de entrega dos Premios Manuel Beiras que recibiron as empresas Brazolinda e Illa Bufarda, así como o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago (mención especial).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña convoca as axudas para os servizos de normalización lingüística da provincia

A Deputación da Coruña publicou as bases da convocatoria de axudas dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da Coruña, destinadas á creación, mantemento ou reforzo de servizos de normalización lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Agadic convoca axudas para a creación de obras audiovisuais en lingua galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas destinadas á creación de obras audiovisuais, en versión orixinal en lingua galega, con decidida vocación artística e cultural.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa nos actos de homenaxe a Xosé Mosquera Pérez

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos organizados en homenaxe a Xosé Mosquera Pérez, coñecido como "O vello dos contos".

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega do XI Premio Repsol a Neira Cruz

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega do XI Premio de Narrativa Breve Repsol a Xosé Antonio Neira Cruz pola obra O sono das sereas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Cultura apoia o libro galego con 200 000 euros en axudas á tradución

A Consellería de Cultura e Educación destina 200 000 euros a promover a tradución de obras en galego a outros idiomas e de obras escritas orixinariamente en galego para outras linguas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Nadal en Rede desprega as súas actividades en oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística

O programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede' desprega durante esta fin de semana as súas actividades en oito concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Academia conmemora a estrea do himno galego na Habana

O 20 de decembro de 1907, hai xusto 110 anos, estreábase na Habana o Himno, nunha celebración solemne no Gran Teatro do Centro Galego. A Academia Galega celebra un acto da man do Instituto José Cornide para conmemorar tal efeméride.

Fonte: Real Academia Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder