Galicia

García e López-Chaves acompañan unha delegación do Consello da Cultura Galega na súa visita á mostra O Pergamiño Vindel

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañaron unha delegación do Consello da Cultura Galega na súa visita á exposición O Pergamiño Vindel.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Festival de Cans organiza un concurso de booktrailers e booktubers para fomentar a lectura en galego

Este concurso de booktrailers e booktubers busca impulsar a lectura en galego e a creación audiovisual principalmente entre a mocidade.

Fonte: Praza Pública

O Concello de Vigo organiza un curso de galego coa auga dun río como fío condutor

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza o Curso de auga doce, que ten como obxectivo achegarse á lingua galega empregando como fío condutor a auga.

Fonte: Consello da Cultura Galega

As voces femininas fanse cos galardóns do certame de dinamización lingüística Lingua de Namorar

Un ano máis son as voces femininas as que se fan cos premios do certame de dinamización lingüística Lingua de namorar, que convocan conxuntamente as consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Política Social, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Parlamento de Galicia pide apoio para os medios de comunicación en galego

Co gallo da celebración o 7 de febreiro do Día dos Medios en Galego, os grupos políticos do Parlamento de Galicia impulsaron unha declaración institucional de apoio aos medios que empregan esta lingua.

Fonte: Galicia Confidencial

O Centro Ramón Piñeiro presenta o volume 18 dos seus 'Cadernos de Fraseoloxía Galega'

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presentou o volume 18 dos Cadernos de Fraseoloxía Galega, unha revista internacional sobre fraseoloxía galega que se edita no marco do proxecto de investigación homónimo dirixido pola profesora María Isabel González Rey.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Especialistas en literatura infantil e xuvenil visitan o Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) recibiu a visita dos alumnos e alumnas que cursan no presente ano académico o Máster en Literatura Infantil e Xuvenil para a Formación e Desenvolvemento de Hábitos Lectores e o Curso de Experto en Literatura Infantil e Xuvenil da Universidade de Santiago de Compostela.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preséntase o libro 'A cultura castrexa e galaico romana no Condado de Pallares', de Mar Neira e Javier Gómez

Os profesores e investigadores Mar Neira e Javier Gómez foron os protagonistas da presentación do libro A cultura castrexa e galaico romana no Condado de Pallares, froito dun traballo de investigación de máis dun ano e que se fixo acredor do premio do Certame de Investigación Condado de Pallares.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Pontevedra convoca axudas para a dinamización lingüística nas entidades locais da provincia

As axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra están dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia, que poderán elixir entre dúas opcións: a creación ou mantemento do Servizo de Normalización Lingüística, ou a promoción e desenvolvemento de programas de dinamización do galego.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Convócase un concurso de microrrelatos en galego sobre Rosalía de Castro

Co gallo da celebración o 24 de febreiro do Día de Rosalía de Castro, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, en colaboración coa Universidade de Vigo, convoca un concurso de microrrelatos en galego (dun máximo de 134 palabras) sobre a autora.

Fonte: Universidade de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder