Galicia

O Dicionario da Real Academia Galega supera os 15 millóns de consultas no que vai de ano

O Dicionario da Real Academia Galega incrementou notablemente o número de consultas recibidas nos últimos meses ata achegarse ás 55 000 diarias. De feito, desde o 1 de xaneiro deste ano superou a cifra dos 15 millóns de buscas a través da páxina web da Academia e do Portal das Palabras.

Fonte: Real Academia Galega

Resólvense os XII Premios á calidade lingüística que entrega a Universidade de Santiago de Compostela

Os Premios á calidade lingüística dos proxectos fin de carreira e traballos de fin de grao e mestrado que entrega anualmente a Universidade de Santiago xa teñen gañadores.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Unha investigación analiza o uso do infinitivo conxugado por parte dos falantes de galego

Unha innovadora investigación, realizada por Mari Carme Parafita Couto, da Universidade de Leiden, analiza o emprego e os contextos de uso do infinitivo conxugado en galego.

Fonte: Galicia Confidencial

Fanse públicos os galardoados dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística

Estes galardóns, convocados anualmente pola Asociación Cultural O Brado, premian persoas e colectivos que destacan polo seu labor de promoción do galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Cultura pon en valor o Pergamiño Vindel con propostas musicais e gastronómicas

A Consellería de Cultura e Educación está a poñer en marcha unha serie de actividades relacionadas coa presenza en Galicia do Pergamiño Vindel, para facilitar o coñecemento deste manuscrito.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Vila de Cruces réndelle tributo a Neira Vilas no 89º aniversario do seu nacemento

O Concello de Vila de Cruces rendeulle tributo a Xosé Neira Vilas no 89° aniversario do nacemento do escritor, falecido en 2015.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase o XVIII Premio Manuel Beiras que busca fomentar o uso do galego no eido empresarial

A Cámara de Comercio e mais o Concello de Santiago de Compostela convocan unha nova edición do Premio Manuel Beiras, que recoñece publicamente o compromiso coa normalización da lingua galega no ámbito empresarial.

Fonte: Consello da Cultura Galega

As mostras gañadoras do X proxecto Antonio Fraguas abren as súas portas no Museo do Pobo Galego

As mostras gañadoras do X Proxecto Didáctico Antonio Fraguas Fraguas, 'Vedr@ medra, unha aposta polo patrimonio inmaterial como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego', do CPI Plurilingüe de Vedra (A Coruña) e 'Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá', do IES da Pinguela de Monforte de Lemos (Lugo), abriron as súas portas no Museo do Pobo Galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Román Rodríguez presenta os ‘XXXVII Cadernos Ramón Piñeiro. Carlos Casares: homenaxe’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou no Pazo de San Roque os XXXVII Cadernos Ramón Piñeiro. Carlos Casares: homenaxe. De amicitia, un volume dedicado a afondar na figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas co gallo da programación conmemorativa impulsada desde a Xunta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha iniciativa da Universidade de Santiago busca normalizar o uso do galego nas matemáticas

A Facultade de Matemáticas acolle ‘Habelas, hainas, queremos contarchas!’, unha xornada divulgativa sobre a investigación en matemáticas, cuxas exposicións se farán en galego. Preténdese que oradores e oradoras se afagan a presentar as súas investigacións noutro idioma que non sexa o inglés e tamén normalizar o uso do galego nas matemáticas.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder