Galicia

O Concello de Vigo organiza un curso de galego coa auga como fío condutor

Trátase de dous cursos que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento da lingua galega (léxico, fraseoloxía, toponimia...) empregando a auga como fío condutor.

Fonte: Consello da Cultura Galega

García Porral recompila en ‘De mouros, mouras e tesouros’ máis de cincocentas lendas do Deza

O escritor Xoán Carlos García Porral recompila na obra De mouros, mouras e tesouros. A Comarca do Deza un total de 516 lendas de mouros e mouras dos concellos desta bisbarra.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Pontevedra dedicaralle o ano 2018 á lingua galega

O 2018 será o Ano da Lingua, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que ten como obxectivo poñer en valor os programas de fomento do galego e impulsar o seu emprego en todos os ámbitos.

Fonte: Deputación de Pontevedra

O alumnado do IES Fernando Esquío de Neda promove o uso do galego cun mural

O alumnado de 1º da ESO pintou un mural para promover o uso do galego, unha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e organizada polo Concello de Neda.

Fonte: Ferrol 360

A Real Academia Galega recibe en doazón material léxico autógrafo do dicionario de Marcial Valladares

O Diccionario gallego-castellano de Marcial Valladares é unha obra fundamental da lexicografía galega do século XIX e un referente para os dicionarios elaborados con posterioridade.

Fonte: Real Academia Galega

A Universidade de Vigo organiza un ciclo de conferencias con motivo da estadía do manuscrito Vindel en Galicia

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina organiza o ciclo de conferencias "Os xoves do Vindel", unha iniciativa na que diferentes especialistas ofrecerán relatorios sobre música, lingua ou onomástica.

Fonte: Universidade de Vigo

O Concello da Coruña organiza un curso de acollemento lingüístico para persoas inmigrantes e emigrantes retornadas

O obxectivo deste curso de acollemento lingüístico é facilitarlles ás persoas inmigrantes e emigrantes retornadas a súa integración na sociedade galega, a través de información histórica e sociocultural de Galicia e da adquisición de competencias básicas en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Piden a dimisión da Valedora do Pobo por amparar a vulneración dos dereitos lingüísticos

A Mesa pola Normalización Lingüística e o sindicato CIG convocaron un acto de protesta ante a sede do Valedor do Pobo para pedir a dimisión da súa titular, Milagros Otero, por amparar a vulneración dos dereitos lingüísticos dos galegos.

Fonte: Galicia Confidencial

O I Certame de Música Galega da USC xa ten finalistas

O I Certame de Música Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) xa ten finalistas: “Dúas andoriñas”, de Guille LP; “No monte da pastora”, de Leda Atómica; e mais “Só nós”, de Noemia, son as tres propostas elixidas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ourense réndelle tributo ao poeta Víctor Campio Pereira

A Consellería de Cultura sumouse, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ao acto de homenaxe do Centro PEN Galicia e mais do Ateneo ao escritor Víctor Campio Pereira González.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder