Galicia

Román Rodríguez destaca a aposta do CDG por Valle Inclán cunha nova representación en galego este ano

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou a aposta que está realizando o Centro Dramático Galego (CDG) arredor das obras de Ramón María del Valle-Inclán, posto que este ano vai estrearse a primeira versión en galego da obra Divinas palabras, o fito principal da programación do CDG nesta temporada.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística asiste á homenaxe a Isaac Díaz Pardo polo sexto aniversario do seu pasamento

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á homenaxe a Isaac Díaz Pardo polo sexto aniversario do seu pasamento no cemiterio de Boisaca.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convocado o XXI Premio de Poesía Concello de Carral

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, presentaron as bases da XXI edición do Premio de Poesía Concello de Carral, un galardón que promove a creación literaria en lingua galega e que apoia a Consellería de Cultura, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa na homenaxe a Castelao polo 68º aniversario do seu pasamento

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en San Domingos de Bonaval no acto de homenaxe a Castelao con motivo do 68º aniversario do seu pasamento.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A nova web do Concello de Sanxenxo terá versión en galego

O Concello de Sanxenxo prepara unha nova web municipal, máis adaptada ás necesidades de usabilidade e con versión en galego á que se accederá por defecto.

Fonte: Código Cero

O Concello de Redondela pon en marcha os Venres Cativos, unha iniciativa de promoción do galego dirixida aos máis pequenos

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela organiza os Venres Cativos, actividades para o último venres de cada mes que teñen como obxectivo fomentar o uso e a adquisición da lingua galega nas xeracións máis novas.

Fonte: SNL do Concello de Redondela

Unha investigadora da Universidade da Coruña estuda a variedade electrónica da lingua galega

Os códigos lingüísticos empregados nos dispositivos electrónicos caracterízanse pola tendencia á oralidade e polo seu carácter oralizante, uns fenómenos aos que non escapa a lingua galega e que foron analizados por Estefanía Mosquera Castro, investigadora da Universidade da Coruña.

Fonte: Galicia Confidencial

A exposición ‘Converxencias arte e ciencia’ chega á Coruña co apoio de Política Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no Centro Ágora da Coruña a mostra ‘Converxencias arte e ciencia’, que fará parada na Cidade Herculina entre os vindeiros 15 e 19 de xaneiro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Biblioteca Nacional completa a recolección de dominios .gal que identifican a lingua e a cultura galegas

A Biblioteca Nacional de España completou a primeira recompilación do dominio .gal por encargo da Biblioteca de Galicia, un traballo que supón a captura dos sitios web rexistrados baixo o devandito dominio.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta convoca unha nova edición de 'Lingua de namorar'

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta convocan unha nova edición do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, unha iniciativa que premiará por sexto ano a creatividade en lingua galega da xente nova.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder