Galicia

Aumenta a edición de banda deseñada en lingua galega

O informe sobre a situación da industria do cómic en España durante 2016 constata o incremento da edición en galego, que o pasado ano alcanzou a cifra de 25 títulos.

Fonte: Culturagalega.org

Convócase o Premio a proxectos de webseries en galego

O Festival Carballo Interplay convoca o Premio a proxectos de webseries en galego, un galardón co que se pretende impulsar a creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega na rede.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O pergamiño Vindel xa está en Galicia

O pergamiño Vindel xa está nas dependencias do Museo do Mar en Vigo, onde permanecerá ata marzo de 2018 nunha exposición que dará comezo o 10 de outubro.

Fonte: La Voz de Galicia

Pelerinaxes pon en valor a riqueza patrimonial galega e achégalla á rapazada da man da Xeración Nós

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no ourensán IES de Vilamarín a unha das charlas interactivas arredor do filme Pelerinaxes, inspirado na obra homónima de Ramón Otero Pedrayo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Triacastela, Quiroga e Rianxo programan esta fin de semana ‘De Chispa a Tatá’ da man do FalaRedes

O FalaRedes, o programa que impulsa a Xunta de Galicia -por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística- nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nos municipios de Triacastela, Quiroga e Rianxo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Lugo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega fomentarán a edición en galego

A Deputación de Lugo e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) van colaborar na promoción do uso do galego, especialmente no que respecta á produción literaria neste idioma.

Fonte: ABC

O Concello de Oleiros convoca un premio literario para fomentar o uso do galego

O Premio Literario "Descubrindo Oleiros", dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria da localidade, ten como obxectivo fomentar a lingua galega e coñecer o municipio.

Fonte: La Opinión

A ‘Rota literaria’ da UNED leva a Portas a Rosalía, Cabanillas e Valle-Inclán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración das xornadas “Rota literaria: o viño e as letras de Valle-Inclán, Rosalía e Cabanillas” organizadas polo Concello de Portas e pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Consellería de Educación renova a súa colaboración coa Universidade de Cork para continuar co ensino do galego

A Universidade de Cork seguirá co ensino da lingua, da literatura e da cultura galegas dando así continuidade a un acordo coa Xunta de Galicia que se mantén desde 1998.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta apoia a estrea do filme 'Dhogs' no 50º Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges

O Sitges Film Festival (Festival Internacional de Cine Fantástico de Cataluña) acolleu a estrea española da película Dhogs, na que é ademais a primeira vez que este recoñecido certame proxecta unha longametraxe en galego nos seus cincuenta anos de historia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder