Galicia

Os establecementos de Carrefour en Galicia estrean un servizo de videointerpretación en lingua de signos

Este servizo de videointerpretación en lingua de signos, desenvolvido pola Fundación da Confederación Estatal de Persoas Xordas, denomínase SVIsual e xa está dispoñible nos sete hipermercados que Carrefour posúe en Galicia.

Fonte: Código Cero

A Mesa pola Normalización Lingüística rexistra máis de 27 000 sinaturas de apoio á súa iniciativa lexislativa popular

A Mesa pola Normalización Lingüística rexistra na Cámara galega as sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) 'Sentido Común', centrada nos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

Fonte: Galicia Hoxe

O programa da Radio Galega Efervesciencia cumpre dez anos divulgando ciencia en galego

O programa Efervesciencia cumpre en setembro dez anos en antena, un aniversario que celebrará cunha gala no Teatro Principal de Santiago o 30 de setembro.

Fonte: Galicia Confidencial

‘Herdeiras. Muller, identidade e memoria’ preséntase o sábado no Teatro Principal de Santiago

Herdeiras. Muller, identidade e memoria, o novo proxecto discográfico de 2naFronteira, que integran os músicos Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, presentarase en concerto o sábado, 23 de setembro, no compostelán Teatro Principal.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña organiza cursos de conversa en galego para persoas adultas

A Biblioteca Provincial acollerá estes cursos de conversa en galego para persoas adultas con coñecementos básicos do idioma que queiran perfeccionar a súa competencia oral.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O filme ‘A praia dos afogados’ chega ao Pereiro de Aguiar no marco do ‘Redecinema’

O filme A praia dos afogados chega ao concello ourensán do Pereiro de Aguiar en formato de cinema de verán, no marco da segunda edición do programa de dinamización lingüística Redecinema.

Fonte: Xunta de Galicia

A Universidade de Vigo participa nun proxecto que permite subtitular en directo en varias linguas

A Universidade de Vigo lidera unha investigación, que conta co apoio da Comisión Europea, para a subtitulación en directo e ofrecerá o vindeiro outono o primeiro curso do mundo neste método.

Fonte: Faro de Vigo

A Deputación de Pontevedra presenta unha guía para eliminar a linguaxe sexista e discriminatoria das súas comunicacións

Este regulamento busca a eliminación da linguaxe sexista e discriminatoria da comunicación oficial da Deputación de Pontevedra e será de obrigado cumprimento para todos os órganos, servizos e departamentos da institución provincial así como para o seu persoal.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Armando Requeixo recibe o XXII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no recinto feiral da Estrada na entrega do XXII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela ao xornalista cultural e crítico literario Armando Requeixo Cuba.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García e Marisol Díaz Mouteira acompañan a Chus Pato no seu ingreso na RAG

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañaron a Chus Pato na sesión extraordinaria pública na que ingresou como académica numeraria da Real Academia Galega (RAG).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder