Galicia

Trap en galego, pop bizarro e garage punk festeiro para musicar o Atardecer no Gaiás desta semana

Tres estilos ben diferentes pero igual de divertidos musicarán os solpores desta semana do Atardecer no Gaiás, que arranca coa novidosa proposta do primeiro grupo de trap en galego, Boyanka Kostova.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Cedeira pon en marcha un programa para fomentar o uso do galego na hostalería

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cedeira pon en marcha o programa “Ole que arrecende, sabe que esmecha!”, unha iniciativa coa que pretende impulsar o uso do galego no sector hostaleiro.

Fonte: Diario de Ferrol

Un novo proxecto recompilará a microtoponimia de todo o territorio galego

O Proxecto Toponimia Galega pretende rescatar dous millóns de topónimos nun territorio, o galego, que concentra a metade das entidades de poboación de toda España. Na actualidade existe un nomenclátor, sancionado pola Xunta, que recolle case 41 500 nomes de lugar (toponimia maior) e que se completará agora coa recollida de microtoponimia.

Fonte: La Voz de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística participa no X Festival de Artes Escénicas de Riós

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no X Festival de Artes Escénicas de Riós, que tivo lugar na localidade ourensá.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Ducias de nenos e nenas participan nun programa de dinamización lingüística organizado polo Concello de Santiago

A iniciativa "Territorio Xogantín", na que xa participaron ducias de nenos e nenas, ten un dobre obxectivo: axudar a que os máis pequenos socialicen en galego e ofrecer unha alternativa de lecer para os que fican en Compostela no mes de agosto.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Política Lingüística resolve as axudas á edición de materiais didácticos para impulsar o galego nas aulas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fai pública no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 3 de agosto pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 10 de maio de 2017.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Publícase a versión en esperanto de "Memorias dun neno labrego"

O filólogo vigués Suso Moinhos acaba de publicar Memorajoj de kampara knabo, a versión en esperanto da obra de Neira Vilas Memorias dun neno labrego.

Fonte: Praza Pública

Educación multiplicou por dez nun lustro o número de cursos de C1 nas escolas oficiais de idiomas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria multiplicou por 10 o número de cursos de nivel C1 no lustro no que levan funcionando. En concreto, para o curso 2017/18 ofértanse un total de 81 cursos, un incremento moi substancial respecto dos 8 que se puxeron a disposición da cidadanía no ano académico 2013/14.

Fonte: Xunta de Galicia

Atopan en Baio un manuscrito en lingua galega do ano 1452

O manuscrito localizouse na biblioteca da familia Agra de Baio. Trátase dunha das escasas mostras orixinais da época en lingua galega conservadas nesta zona.

Fonte: Adiante Galicia

O Instituto de Estudos Miñoráns presenta cinco contos saharauís traducidos ao galego

A actividade “Encontros con contos”, na que participan nenos e nenas saharauís coas súas familias acolledoras, servirá para presentar os contos de tradición oral saharauís traducidos ao galego.

Fonte: Val Miñor TV

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder