Galicia

Valentín García clausura en Santiago da XXX edición dos Cursos 'Galego sen fronteiras'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou a XXX edición dos Cursos "Galego sen fronteiras" que organiza a Real Academia Galega coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e nos que tamén colaboran o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e mais a Deputación da Coruña.

Fonte: RAG

Os Bolechas achéganlle á cativada a obra de Carlos Casares

A familia animada máis famosa de Galicia, Os Bolechas, achégalle á cativada a obra de Carlos Casares cun novo título da colección Os Bolechas. As miñas primeiras Letras Galegas dedicado ao autor ourensán, que sae do prelo da man de Bolanda Edicións co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O I Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na Universidade de Santiago recae no profesor Manuel Bermejo Patiño

O profesor emérito Manuel Bermejo Patiño, catedrático de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela, recibirá o I Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego nesta institución académica.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Convócase unha praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas da Universidade de Kiel

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a convocatoria para cubrir unha praza no lectorado de lingua, literatura e cultura galegas da Universidade alemá de Kiel.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Un estudo conclúe que o galego se sitúa entre as 13 linguas de Twitter que máis se están conservando para o futuro

O académico da Universidade de Georgetown Kalev Leetaru estudou cales son as mensaxes compartidas en Twitter coas taxas de preservación máis altas e o galego apareceu no posto 13 entre todas as linguas do mundo das que máis mensaxes se arquivan.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Santiago impulsa unha iniciativa destinada a crear espazos de socialización en galego a través do xogo

Por segundo ano consecutivo o Concello de Santiago de Compostela pon en marcha o programa "A rúa é nosa! Territorio Xogantín", unha iniciativa que ten como obxectivos axudar a que os nenos e nenas socialicen en galego e que esta lingua se converta en referente no espazo lúdico.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

A exposición central das Letras Galegas 2017 abre as súas portas no Concello de Ribeira

A exposición Os mundos de Carlos Casares abre as súas portas en Ribeira, onde permanecerá ata o próximo 3 de setembro no auditorio municipal.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta convoca os XXIV premios de publicidade en galego en colaboración co Parlamento e co Foro Peinador

A Xunta de Galicia, en colaboración co Parlamento galego e co Foro Enrique Peinador, convoca a XXIV edición dos Premios de Publicidade en Galego, uns galardóns que teñen como fin promover a publicidade en lingua galega en catro categorías: radio, televisión, internet e prensa escrita, en consonancia cos obxectivos establecidos neste ámbito polo Plan xeral de normalización da lingua galega (2004) e polo Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico (2016).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Ames puntuará o uso do galego na contratación de publicidade

O Concello de Ames presentou as bases para a contratación de publicidade institucional para regular o investimento municipal neste ámbito. A utilización do galego sitúase entre os criterios que se terán en conta na elección.

Fonte: Sermos Galiza

A Deputación de Ourense convocará un premio de teatro infantil e xuvenil en lingua galega

Este novo premio de teatro infantil e xuvenil en galego levará o nome do escritor Carlos Casares, a proposta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (Gálix).

Fonte: Faro de Vigo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder