Galicia

Preséntase en Vigo unha nova edición do programa “No verán… un conto” co obxectivo de fomentar o galego no ámbito do lecer

O Concello de Vigo presenta unha nova edición do programa “No verán… un conto”, dirixido ao público infantil, familiar e adulto, que inclúe contos, monicreques, obradoiros, xogos tradicionais, música etc. para fomentar o uso do galego nas actividades de lecer.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Garda Civil denuncia o Concello de Gondomar por rotular tres sinais de tráfico só en galego

Dous gardas civís presentaron tres denuncias contra o Concello, unha por cada indicación, por considerar que se incumpre a Lei de tráfico ao non figurar o español. Trátase, ademais, de indicacións de dirección prohibida colocadas hai máis de dez anos.

Fonte: Praza Pública

Traducen por vez primeira ao galego a teoría da relatividade

O Consello da Cultura Galega edita por vez primeira en galego a teoría da relatividade cando se cumpren cen anos desde a publicación do texto orixinal de Albert Einstein en 1917.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Universidade de Vigo organiza cursos virtuais e presenciais para mellorar a redacción en galego

A Universidade de Vigo organiza unha serie de cursos que teñen como obxectivo mellorar a redacción, ampliar vocabulario e actualizar os coñecementos sobre a lingua galega.

Fonte: Universidade de Vigo

Convócanse cursos de linguaxe administrativa galega para persoal de distintas administracións públicas

A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, cursos de linguaxe administrativa galega na modalidade de teleformación.

Fonte: Consello da Cultura Galega

‘Os mundos de Carlos Casares’ chega á Coruña co apoio da Consellería de Cultura

‘Os mundos de Carlos Casares’, exposición central das Letras Galegas 2017, chega da man da Fundación Carlos Casares e co apoio, entroutros, da Consellería de Cultura -por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura- á cidade da Coruña para facer parada ata o vindeiro 23 de xullo na Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os Premios Lois Peña Novo recoñecen o labor a prol do galego de Sandra Piñeiro, Xurxo Mariño e Ponte... nas ondas!

Os Premios Lois Peña Novo recoñecen na súa XXIII edición o labor a prol da normalización da lingua galega da maxistrada Sandra Piñeiro, do profesor Xurxo Mariño e da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas!

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística, investido como xuíz honorario da Asociación de Amigos do Couto Mixto

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, foi investido como xuíz honorario da Asociación de Amigos do Couto Mixto, ao igual que Alejandro Rubín e a Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un lingüista alemán considera que o topónimo A Coruña procede dunha palabra fenicia

Segundo o profesor Theo Vennemann, o topónimo A Coruña procede do termo fenicio Karn, que significa corno.

Fonte: La Voz de Galicia

Valentín García participa en Vigo na inauguración da mostra 'Manuel Rodríguez López. Emigrante Galego. Poeta Obreiro'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración da exposición 'Manuel Rodríguez López. Emigrante Galego Poeta Obreiro'.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder