Galicia

O Concello de Santiago convoca unha nova edición do Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego

Trátase da quinta edición deste certame que ten como obxectivo incentivar a galeguización da comunicación entre as empresas e o público e tamén fomentar a calidade e a creatividade nesa comunicación.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

A Coruña comeza a adaptar os nomes das súas rúas á toponimia oficial

O Concello da Coruña comezou a retirar varias placas das súas rúas que contiñan denominacións deturpadas de varias localidades galegas para adaptalas á toponimia oficial.

Fonte: Praza Pública

Música e literatura únense nas voces de medio milleiro de nenos para cantar os poetas mindonienses

Un coro conformado por cincocentos nenos e nenas homenaxeou os poetas mindonienses no concerto No bico un cantar. A praza da Catedral de Mondoñedo foi o escenario desta actuación na que alumnos e alumnas dos conservatorios de música profesional de Galicia cantaron os versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A creatividade e a escrita centran as IX Xornadas de Actualización Docente de Portugués

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración das IX Jornadas de Atualização Docente de PLE (português língua estrangeira) organizadas polo Instituto Camões.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Feijóo presenta a mostra ‘Flor Novoneyra’ como unha viaxe no tempo que reflicte a Galicia segura de si mesma

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou a mostra Flor Novoneyra como unha viaxe no tempo que reflicte a Galicia segura de si mesma, orgullosa das súas raíces pero aberta a todas as influencias.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García acompaña a Xosé Luna na presentación do seu libro ‘Da lectura e outras cousiñas’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao Edificio Cinc da Cidade da Cultura de Galicia para acompañar a Xosé Luna Sanmartín na presentación do volume Da lectura e outras cousiñas, que publica Edicións Embora.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Danse a coñecer as entidades beneficiarias das axudas para normalización e dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra

Un total de 39 concellos e mais a Entidade Local Menor de Queimadelos resultaron beneficiarios da liña de axudas para dinamización lingüística convocadas pola Deputación de Pontevedra.

Fonte: Deputación de Pontevedra

A Egap ofrece formación lingüística para o persoal da Administración autonómica

A Escola Galega de Administración Pública convoca cursos de formación para o funcionariado, entre os que se atopan diferentes cursos de contido lingüístico: “Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais”, “Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública”, “Ferramentas e técnicas para falar mellor en público”, “Destrezas lingüísticas para a redacción de textos na web” e “Comunicación escrita e elaboración de informes”.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Sesenta proxectos editoriais benefícianse das axudas de Cultura para a tradución

Un total de 60 proxectos editoriais benefícianse das axudas á tradución promovidas pola Secretaría Xeral de Cultura para apoiar o sector do libro, segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García acompaña a Xesús Alonso Montero na presentación do libro 'Sobre as palabras máis fermosas do mundo'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o profesor e académico Xesús Alonso Montero na presentación do libro Sobre as palabras máis fermosas da lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder