Galicia

Valentín García acompaña a Xoan Carlos García Porral na presentación do libro 'O último caseiro'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o escritor Xoán Carlos García Porral na presentación do libro O último caseiro, nun acto que se celebrou na libraría compostelá Couceiro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A XI edición do Certame Condado de Pallares impulsa a investigación humanística en galego

O Certame Condado de Pallares impulsa, por undécimo ano consecutivo, a investigación humanística en galego co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A VI edición dos Premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’ xa ten gañadores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deu a coñecer, a través do seu Portal educativo e mais do Portal da lingua galega, a resolución da VI edición dos Premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’, convocados conxuntamente coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) en colaboración con OQOeditora.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Publícase a resolución das axudas para o fomento do galego no ensino público

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica a resolución das axudas para os proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino non universitario de titularidade pública, para o curso escolar 2016/2017.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Publícase a resolución das axudas para proxectos de innovación en dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica a resolución das axudas para a realización dos proxectos de innovación en dinamización lingüística nos centros públicos de ensino.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O secretario xeral de Política Lingüística participou na X Asemblea da Irmandade Xurídica Galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na X Asemblea da Irmandade Xurídica Galega, en cuxa sesión académica ingresaron 30 novos irmandiños e irmandiñas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A implantación da Lei Paz Andrade incrementa o alumnado de portugués en Galicia e a colaboración cultural con Portugal

O desenvolvemento da chamada Lei Paz Andrade, coa que se pretende reforzar os vínculos coa lusofonía, está a provocar un incremento do alumnado de portugués e a realización de actividades formativas para profesorado e persoal da Administración, así como a posta en marcha de iniciativas de tipo cultural en colaboración con Portugal.

Fonte: Galicia Hoxe

Algúns sinais de tráfico de Santiago de Compostela vulneran a Lei de normalización lingüística

Algúns dos nomes que figuran na sinalización viaria de Santiago de Compostela, por exemplo na N-550, non cumpren a lexislación que determina que os topónimos teñen como única forma oficial a galega.

Fonte: Sermos Galiza

O Ramón Piñeiro réndelle tributo ao profesor e investigador Anxo Tarrío pola súa xubilación

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) rendeulle homenaxe ao profesor e investigador Anxo Tarrío Varela, con motivo da súa xubilación.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Parlamento insta a Xunta a reclamarlle a Google Maps que respecte a toponimia oficial

O Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei para reclamarlle a Google Maps que utilice a forma galega dos topónimos, posto que é esta a forma legal e oficial.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder