Galicia

Feiraco e Política Lingüística premian os mellores relatos das Letras Galegas

Feiraco e Política Lingüística entregáronlles os galardóns aos gañadores do seu xa tradicional certame literario, que se celebra cada ano con motivo do Día das Letras Galegas, nun acto que se celebrou na sede da cooperativa agrogandeira e no que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, gabou “o éxito acadado nesta edición, que viu aumentado considerablemente o número de participantes, por esta iniciativa lingüística e cultural vida do ámbito empresarial”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Educación e Repsol convocan o Premio de Narrativa Breve 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Fundación Repsol renovan un ano máis o seu acordo de colaboración para convocar o Premio de Narrativa Breve 2017.

Fonte: Xunta de Galicia

Política Lingüística e o Concello da Estrada proxectarán ‘Sicixia’ na Rapa das Bestas de Sabucedo

O curro de Sabucedo, onde comezou a rodarse o filme de Ignacio Vilar ‘Sicixia’, acollerá o próximo 11 de xullo, a proxección da película. Así o anunciaron o alcalde da vila, José López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, cuxo departamento colabora co municipio estradense, pertencente á Rede de Dinamización Lingüística,para ofrecerlles aos asistentes á Rapa a proxección da película.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Política Lingüística e o Concello da Estrada proxectarán ‘Sicixia’ na Rapa das Bestas de Sabucedo

O último filme de Ignacio Vilar poderá verse na Rapa das Bestas de Sabucedo, no mesmo curro onde se iniciou a súa gravación, tal e como anunciaron o secretario xeral Valentín García e o alcalde da Estrada, José López.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García presenta 'Os papeis do vello mariñeiro' de Xosé Neira Vilas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro de relatos Os papeis do vello mariñeiro de Xosé Neira Vilas.

Fonte: Xunta de Galicia

O décimo Culturgal terá a Portugal como país convidado

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá un ano máis a Feira das Industrias Culturais (Culturgal). Nesta décima edición, Portugal participará como país convidado.

Fonte: Praza Pública

Valentín García anima a celebrar as continuidades cultural e lingüística de Galicia e Portugal na gala aRi(t)mar 2017

O salón de actos do Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acolleu a presentación da Gala aRi(t)mar 2017, que reunirá na capital de Galicia os músicos e poetas galegos e portugueses premiados na segunda edición dos Premios aRi(t)mar Galiza e Portugal. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través da Escola de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela, que apoia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

‘Peripheral Visions / Global Sounds’ analiza a explosión creativa galega do posfranquismo

O secretario xeral de Política Lingüística presentou o libro do profesor da Universidade neozelandesa de Auckland José Colmeiro, “Peripheral Visions / Global Sounds: from Galicia to the World”. Valentín García considerouno unha mostra do crecente interese internacional pola lingua e a cultura galegas, ao que contribúe a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O presidente da RAG e o vicepresidente da Xunta acordan colaborar en materia de toponimia

O presidente da Real Academia Galega, Vítor Freixanes, reuniuse co vicepresidente da Xunta, Afonso Rueda, para abordar posibles colaboracións en materia de toponimia.

Fonte: Real Academia Galega

A AS-PG e o proxecto Apego reciben o premio Rosalía de Castro

O proxecto "Apego" e a AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) foron as iniciativas gañadoras do VIII Premio Rosalía de Castro de Lingua Galega que concede a Deputación da Coruña.

Fonte: Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder