Galicia

Política Lingüística renova dez lectorados da rede de centros de estudos galegos da Xunta

A Secretaría Xeral de Política Lingüística iniciou a fase final de entrevistas ás persoas candidatas que concorren ás 10 prazas convocadas para a renovación de 10 dos 27 lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades de fóra de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García inaugura en Carballo o XIII curso de verán sobre dinamización lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na inauguración do XIII Curso de verán sobre dinamización lingüística no que a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Universidade da Coruña, o Concello de Carballo e mais coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Academia e a Deputación da Coruña acordan iniciativas para o futuro da lingua

O presidente da Real Academia Galega reuniuse co presidente e vicepresidenta da Deputación da Coruña para pór en común distintas liñas de colaboración que garantan e aceiren o futuro da lingua e a cultura galegas.

Fonte: Real Academia Galega

Política Lingüística e Coca-Cola seguirán colaborando en materia de dinamización lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Coca-Cola seguirán colaborando en materia de dinamización lingüística. Así o acordaron o titular deste departamento, Valentín García, e mais a xefa de Comunicación de Coca-Cola European Partners Iberia en Galicia, María Sande, na reunión de traballo que ambos os dous mantiveron na sede herculina da embotelladora da corporación multinacional estadounidense para España, na que analizaron posibles novas vías de colaboración na promoción do uso do idioma desde o ámbito socioeconómico.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A RAG homenaxea a Luz Pozo Garza co gallo do seu 95 aniversario

O día do seu 95 aniversario, a Real Academia Galega réndelle a Luz Pozo unha homenaxe literaria e musical na sede da propia institución, á que se incorporou como membro correspondente en 1950 e da que é numeraria desde 1996.

Fonte: Real Academia Galega

Un senegalés presenta un libro en galego sobre o modo de vida da comunidade senegalesa en Galicia

O senegalés Cheikh Fayé presentou un libro en galego que relata a forma de vida dos seus compatriotas e as semellanzas e diferenzas culturais entre Senegal e Galicia.

Fonte: Praza Pública

A poeta Rosalía Fernández Rial dá unha charla ao alumnado do curso de galego para estranxeiros da RAG

A poeta e experta en didáctica de linguas, Rosalía Fernández Rial, pronunciou unha conferencia para o alumnado dos cursos de lingua e cultura galegas que organiza a Real Academia Galega.

Fonte: RAG

Un concerto botará o peche aos Cursos de lingua e cultura galegas da RAG

Un concerto conmemorativo será o evento escollido para a cerimonia de clausura dos cursos de galego para estranxeiros "Galego sen fronteiras" organizados pola Real Academia Galega.

Fonte: RAG

O conselleiro de Cultura e Educación visita a editorial Galaxia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou a sede da editorial Galaxia na cidade da oliveira, ocasión que aproveitou para reunirse co presidente do consello de administración da editorial, Antón Vidal Andión, e co novo director da casa, Francisco Castro, que substitúe no cargo ao actual presidente da Real Academia Galega, Vítor F. Freixanes.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García acompañou a Luz Pozo no acto de homenaxe literaria e musical que lle tributou a RAG

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de homenaxe literaria e musical da Real Academia Galega á poeta Luz Pozo Garza polo seu 95º aniversario.

Fonte: RAG

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder