Galicia
A Consellería de Educación expediu 13 114 títulos de nivel B2 obtidos nas Escolas Oficiais de Idiomas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria expediu nos últimos nove anos académicos – e a falta dos exames de setembro do curso 2016/17 – un total de 13 114 títulos acreditativos do nivel B2 no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) nalgunha das linguas que se ensinan na rede de Escolas Oficiais de Idiomas e as súas seccións de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
Redecinema despide agosto con proxeccións en Noia, Boiro, Foz e Mondoñedo
A segunda edición do programa de dinamización lingüística Redecinema, que promove a Consellería de Cultura, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais da Agadic, despide o mes de agosto con cadansúa proxección nos concellos de Noia, Boiro, Foz e Mondoñedo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Crean unha axenda en galego para a escola infantil
Dúas nais e un pai comentaron vía Twitter a carencia de axendas en galego para a escola infantil, polo que decidiron unir forzas e editar unha entre os tres, que xa está dispoñible en internet para a súa libre descarga e impresión.
Fonte: Praza Pública
Xa se poden presentar as candidaturas para participar nunha nova edición da iniciativa LGx15
LGx15 é unha iniciativa, posta en marcha pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, que busca ideas para influír no futuro do galego. O vindeiro 9 de novembro celebrarase unha nova edición, para a cal as persoas interesadas xa poden presentar a súa autocandidatura.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O novo decreto das farmacias prevé un novo baremo que valorará, entre outros aspectos, o coñecemento do galego
A Consellería de Sanidade modificará o sistema de apertura de farmacias en Galicia mediante un decreto que prevé cambios como a avaliación dos aspirantes cun baremo que medirá, entre outros aspectos, o coñecemento de lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
O Concello da Laracha contratará un técnico/a de normalización lingüística
O Concello da Laracha anunciou a convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística, cuxo contrato rematará o 15 de outubro.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Critican a exclusión do galego na festa das Meninas de Ferrol
O BNG de Ferrol criticou que a festa das Meninas de Canido exclúe o galego na súa publicidade e nos actos que se celebran co gallo desta actividade.
Fonte: Finanzas
Hijos de Rivera recibe o Premio Celanova, Casa dos Poetas polo seu compromiso coa lingua e a cultura galegas
A Fundación Curros Enríquez concedeulle o Premio Celanova, Casa dos Poetas á corporación Hijos de Rivera polo seu compromiso con Galicia e polo fomento da lingua e da cultura galegas, así como pola súa implicación no desenvolvemento do medio rural galego.
Fonte: La Voz de Galicia
‘Maimiño’ proxéctase en Vedra no marco do Programa de dinamización lingüística ‘Redecinema’
"Maimiño e o espello máxico" proxectarase no concello coruñés de Vedra, no marco do programa de dinamización lingüística ‘Redecinema’ que concluirá no concello ourensán do Pereiro de Aguiar.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A lingua galega será a protagonista da apertura dunha conferencia sobre cinema en linguas non hexemónicas
A académica galega Margarita Ledo impartirá o discurso de inauguración do evento Small Cinemas Conference que se dedica ao cinema en linguas non hexemónicas.
Fonte: RAG
Boletín
Subscríbase ao boletín