Galicia

O novo programa Toponimízate bota a andar na Rede de Dinamización Lingüística

O novo programa "Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra" bota a andar en 14 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, que serán os primeiros en acoller outros tantos encontros en aberto dirixidos á cidadanía en xeral nos que persoal técnico especialista en toponimia porá en valor a microtoponimia, co obxectivo de concienciar sobre a importancia e a necesidade da xeorreferenciación e xeolocalización deste patrimonio inmaterial.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Impulsan na Estrada unha campaña de Nadal de etiquetaxe en galego

O colexio do Foxo, xunto á Asociación Comarcal de Empresarios e a Asociación de Comerciantes da Estrada, poñen en marcha por quinto ano a campaña "Bicos a moreas" que ten como obxectivo impulsar a etiquetaxe en galego dos agasallos de Nadal.

Fonte: Faro de Vigo

A mostra ‘Os mundos de Carlos Casares’ fai parada en Lugo

A exposición central das Letras Galegas 2017, Os mundos de Carlos Casares, abriu a súa itinerancia no Museo Interactivo da Historia de Lugo, onde se poderá visitar ata o próximo 26 de decembro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Educación e Coca-Cola colaboran na décima edición do concurso Novos Talentos para a promoción do galego

O Goberno galego -a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria- e Coca-Cola European Partners veñen de renovar un ano máis a súa colaboración para o desenvolvemento do concurso literario “Coca-Cola Novos Talentos-Premio de Relato Curto de Galicia”, que ten como finalidade promover o emprego da lingua galega na escrita por parte da mocidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preséntase a segunda edición do certame Youtubeir@s, unha iniciativa para incrementar a presenza do galego en Youtube

Bota a andar a segunda edición do premio Youtubeir@s, unha iniciativa posta en marcha por nove concellos, polas tres universidades e pola Deputación da Coruña e que ten como obxectivo aumentar a presenza do galego nos vídeos de Youtube.

Fonte: Praza Pública

As literaturas galega e portuguesa dialogan no Culturgal, que celebra o seu décimo aniversario co país luso como convidado

A sexta sesión das Conversas Nortear, que promoven o coñecemento da cultura entre Galicia e o Norte de Portugal a partir de redes de colaboración entre os dous territorios, celébrase no Culturgal, que ten o país luso como convidado para celebrar a súa décima edición.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Segundo unha enquisa do INE, o 82,8 % da poboación considera o galego como a súa lingua materna

Segundo unha enquisa publicada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), oito de cada dez galegos consideran que a súa lingua materna é o galego, mentres que nove de cada dez estiman que é o castelán.

Fonte: Galicia Confidencial

Cultura e Educación convoca os premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, coa colaboración da Corporación Radio e Televisión de Galicia e de OQOeditora, publicou nos portais Educativo e da Lingua Galega a convocatoria dos VII Premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xa está aberto o prazo para escoller a Palabra do Ano 2017

O Portal das Palabras organiza un ano máis, e xa van catro, a campaña para escoller a Palabra do Ano 2017. Nas tres edicións anteriores as escollidas foron irmandade (2016), refuxiados (2015) e corrupción (2014).

Fonte: Real Academia Galega

O Centro Ramón Piñeiro incorpora oito novos bolseiros aos seus proxectos de investigación

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, deulles a benvida aos oito novos bolseiros en formación que incorpora aos proxectos CORGA/XIADA, CODOLGA, BILEGA, Termigal, Informes de Literatura, Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos, Lírica profana galego-portuguesa e Dimensión da identidade colectiva de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder