Galicia
Xa van máis de 20 000 sinaturas a prol dos dereitos lingüísticos en galego
A iniciativa lexislativa popular (ILP) "Sentido común", que promove A Mesa pola Normalización Lingüística para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico acadou xa máis de 20 000 sinaturas, o duplo do que era formalmente esixido para ser tramitada no Parlamento de Galicia.
Fonte: Sermos Galiza
A exposición ‘Os mundos de Carlos Casares’ chega a Arzúa
A exposición central das Letras Galegas 2017, "Os mundos de Carlos Casares", chega ao municipio coruñés de Arzúa, onde se poderá visitar na Casa da Cultura.
Fonte: Xunta de Galicia
Cultura recupera a figura de Fanny Garrido e a súa achega ao patrimonio literario-musical de Galicia
Con motivo do centenario do seu pasamento, a Consellería de Cultural, Educación e Ordenación Universitaria organiza unha charla-concerto na sede da Real Academia Galega, para difundir o labor escasamente coñecido desta escritora e tradutora galega de finais do século XIX.
Fonte: Xunta de Galicia
Marineda City asina un acordo coa RAG polo que se compromete a ir incorporando o galego aos seus espazos
Marineda City e a Real Academia Galega asinaron un acordo mediante o que este centro comercial se compromete a ir incorporando a lingua galega aos seus espazos, ademais de difundir a figura de Emilia Pardo Bazán.
Fonte: Cadena Ser
A Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta contará desde este curso con dez novos lectores
A Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia contará desde o curso académico 2017/2018 con dez novos lectores de lingua, literatura e cultura galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O curso 2017/18 comeza con 322 centros plurilingües tras a ampliación a infantil, bacharelato e FP
O curso 2017/18 comezará cun total de 322 centros plurilingües trala ampliación deste tipo de modelo –que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira– á educación infantil, bacharelato e formación profesional.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase o premio de poesía en lingua galega Manuel Lueiro Rey
O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe convocan a sexta edición do premio Manuel Lueiro Rey ao que poderán presentarse poemarios de entre 500 e 800 versos en lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
O Bierzo homenaxea o seu cantor máis ilustre con motivo do bicentenario do seu nacemento
O Bierzo homenaxeará o seu cantor en galego máis ilustre, Antonio Fernández Morales (1817-1896), con motivo do bicentenario do seu nacemento e farao cun amplo programa de actos en Ponferrada, Vilafranca do Bierzo e Cacabelos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Centro de Linguas da Universidade de Vigo incorpora o coreano á súa oferta formativa
Como novidade, o Centro de Linguas impartirá un obradoiro de lingua e cultura coreanas. Como en anos anteriores, o inglés e o español para estranxeiros son as opcións máis demandadas.
Fonte: Universidade de Vigo
O Concello da Coruña impulsa novos programas nos que fomentará o dominio da lingua galega
O goberno local porá en marcha novos programas neste novo curso entre os que figuran actividades dirixidas ao alumnado de infantil e primaria nas que se prioriza a aprendizaxe do idioma galego.
Fonte: Concello da Coruña
Boletín
Subscríbase ao boletín