Galicia
Volve o FalaRedes cunha nova actividade familiar e participativa protagonizada polos Bolechas

A sexta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes retoma as súas propostas e faino cunha nova actividade familiar e participativa protagonizada pola familia animada máis famosa de Galicia, Os Bolechas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Lugo acolle a entrega do Premio Otero Pedrayo 2015 a Arcadio López Casanova
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participaron no paraninfo da Deputación no acto de entrega do Premio Otero Pedrayo a Arcadio López Casanova.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntase un libro coa toponimia do concello de Lugo
A obra Toponimia do concello de Lugo, tese de doutoramento do mestre Carlos Vázquez, recolle os nomes dos lugares, os camiños e as parroquias da capital lucense.
Fonte: Praza Pública
Valentín García resalta a importancia da Lei Paz Andrade na presentación de ‘Viaxe á illa do Corvo’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu á Sala dos Reis do Parlamento de Galicia para participar na presentación da edición bilingüe en portugués e galego da obra de Raul Brandão Viaxe á illa do Corvo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Casa dos Poetas de Celanova acolle unha homenaxe ao azoriano Antero de Quental
A Casa dos Poetas de Celanova, sede da Fundación Manuel Curros Enríquez, acolleu un acto de homenaxe ao escritor azoriano Antero de Quental, no marco dos actos organizados polo Parlamento de Galicia con motivo da visita á nosa comunidade dunha delegación da Asemblea Lexislativa das Illas Azores.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Pídenlle ao Concello de Nigrán que non interrompa o seu Servizo de Normalización Lingüística
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua envioulle unha carta ao Concello de Nigrán para solicitarlle que non interrompa a actividade do Servizo de Normalización Lingüística creado hai un ano.
Fonte: CTNL
O Concello de Vigo organiza un curso para mellorar a competencia lingüística no uso do galego
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza o curso Achégate ao galego, nivel 2, dirixido a persoas que conten cuns coñecementos xerais do idioma e queiran mellorar a súa competencia lingüística no uso do galego estándar.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Arranca en Vilafranca a exposición ‘Antonio Fernández Morales e o galego do Bierzo’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no claustro de San Nicolás o Real de Vilafranca a exposición ‘Antonio Fernández Morales e o galego do Bierzo’.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Kalandraka prepara o lanzamento das aventuras de Pippi Långstrump en galego

Kalandraka vai editar a versión en galego de Pippi Mediaslongas, traducida por David Álvarez e con ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman.
Fonte: Galicia Confidencial
O programa de promoción do galego Modelo Burela chega á súa fin
O Modelo Burela, un exitoso programa educativo que unía a integración de mozas e mozos emigrantes e o fomento do galego, finaliza ao retirárselle as tres medias xornadas de dedicación de tres docentes.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín