Galicia
A Cidade da Cultura homenaxea a Novoneyra cun concerto de Uxía que cantará os seus poemas
A Cidade da Cultura, no marco de programas de actividades asociadas á exposición de Antón Lamazares Flor Novoneyra, acollerá o sábado 14 de outubro un concerto de Uxía onde a artista interpretará temas do seu novo disco, no que canta poemas de Uxío Novoneyra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘De Chispa a Tatá’ leva Os Bolechas a Barro, Caldas de Reis e Castro Caldelas co ‘FalaRedes’
O ‘FalaRedes’, programa que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nos municipios de Barro, Caldas de Reis e Castro Caldelas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O proxecto Apego resulta galardoado nos Premios da Cultura Galega na categoría de Lingua

O Premios da Cultura Galega 2017 recoñecen o labor no ámbito da creación, conservación e difusión cultural en Galicia en diferentes ámbitos. Na categoría de Lingua desta edición, outorgóuselle o premio ao proxecto Apego, un programa que ten como obxectivo fomentar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización neste idioma entre os nenos e nenas de 0 a 6 anos.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O número 32 de ‘Ágora do Orcellón’ réndelle tributo ao filósofo Mario Augusto Bunge
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do número 32 da revista Ágora do Orcellón, que edita o Instituto de Estudios Carballiñeses coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Real Academia Galega reivindica nunha xornada a recuperación das formas autóctonas dos nomes e os apelidos
Durante unha xornada dedicada á onomástica celebrada en Pontevedra, a Real Academia Galega reivindicou o patrimonio individual e colectivo vinculado aos nomes e apelidos galegos.
Fonte: RAG
Román Rodríguez visita o lectorado de galego na Universidade de Roma
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o lectorado de galego da Sapienza Università di Roma (Italia).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Resólvense os XII Premios á calidade lingüística dos traballos académicos da Universidade de Santiago de Compostela
Os Premios á calidade lingüística teñen como obxectivo promover entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Os traballos premiados recibirán 150 euros e un diploma acreditativo.
O III Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil afonda no teatro e nas súas potencialidades na infancia
O III Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, unha iniciativa formativa na que a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELGA), afondará no teatro e nas súas potencialidades na educación infantil ao longo de seis sesións que se desenvolverán ata o vindeiro 7 de novembro na cidade de Ourense.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Antonio García Teijeiro gaña o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil cun libro de poemas escrito en galego
Antonio García Teijeiro acaba de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura co libro de poesía en galego Poemar o mar.
Fonte: Culturagalega.org
Neira Cruz gaña o Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra ‘O sono das sereas’
O escritor compostelán e xornalista Xosé Antonio Neira Cruz fíxose co XI Premio de Narrativa Breve Repsol -que promoven conxuntamente a Consellería de Cultura, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Fundación Repsol- coa obra O soño das sereas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín