Galicia
A Agadic convoca novas edicións dos premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as novas edicións dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Manuel María de literatura dramática infantil e Barriga Verde de textos para teatro de monicreques nas súas modalidades de público infantil e adulto.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘Nadal en rede’ pecha o ano cunha manchea de actividades nos concellos da Rede de dinamización
O programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede' pecha o 2017 cunha manchea de actividades nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia. A axenda de actividades ofrece propostas en Carballedo, no Rosal, na Lama, en Cerceda, en Coristanco, en Moaña, en Vilaboa, en Castro de Rei, en San Cristovo de Cea, en Poio, en Cospeito, en Burela, en Toén e en Curtis. Os protagonistas nos escenarios serán Os Bolechas, Ignacio Vilariño de Fantoches Baj, Uxía, María do Ceo, Senén Vaamonde e A Roda.
Fonte: Xunta de Galicia
Administracións e entidades culturais avanzan na planificación da celebración do centenario da Xeración Nós
Co fin de avanzar na planificación do programa de actividades co que se conmemorará o centenario da Xeración Nós, a Xunta de Galicia celebrou unha xuntanza co grupo de traballo que está a coordinar a efeméride, promovido pola Consellería de Cultura e Educación e do que forman parte diversas administracións e as principais entidades culturais de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xosé Constenla faise coa XVII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
O xeógrafo compostelán e profesor universitario Xosé Constenla Vega fíxose coa XVII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, galardón que convocan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Rede de Dinamización Lingüística reúnese en Xinzo de Limia

A Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia celebrou no concello ourensán de Xinzo de Limia a reunión ordinaria anual na que participou a representación da súa área política, que integra oito novas incorporacións e chega ás 187 entidades entre concellos, deputacións, mancomunidades, fundacións, consorcios e outras.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘Os mundos de Carlos Casares’ pecha a súa itinerancia en Xinzo de Limia
A exposición central das Letras Galegas 2017, Os mundos de Carlos Casares, pecha a súa itinerancia no concello ourensán de Xinzo de Limia, localidade de referencia para o autor homenaxeado o 17 de maio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo edita un calendario que busca a reflexión sobre os prexuízos lingüísticos contra o galego
A Universidade de Vigo dálle a benvida a 2018 co lanzamento dun novo calendario ilustrado por Kiko da Silva, co que se pretende loitar contra os prexuízos lingüísticos sobre o galego a través do humor gráfico.
Fonte: Universidade de Vigo
Preséntase a edición do ano 2018 do Correlingua
As entidades promotoras do Correlingua presentaron o novo sitio web da iniciativa e mais o calendario da edición de 2018, que levará por lema “A lingua non para!”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os Bolechas, Fantoches Baj, A Roda, Uxía e María do Ceo pechan esta semana ‘Nadal en Rede’ 2017
Os Bolechas, Fantoches Baj, Senén Vaamonde e A Roda, Uxía e Sérgio Tannus e María do Ceo pecharán esta semana a sexta edición do programa de dinamización lingüística 'Nadal en Rede'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A EGAP convoca cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega dirixidos ao funcionariado
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca 28 cursos de linguaxe administrativa galega e linguaxe xurídica galega dirixidos ao persoal público da comunidade autónoma de Galicia.
Fonte: EGAP
Boletín
Subscríbase ao boletín