Galicia
Segundo un estudo, só unha ducia de concellos da provincia de Pontevedra conta con servizo de normalización lingüística
O estudo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística para a Deputación de Pontevedra revela que o 80 % dos 61 concellos da provincia non dispón nin de servizo de normalización lingüística nin de persoal técnico de normalización.
Fonte: Praza Pública
Encrucillada, a primeira revista de pensamento cristián da Transición escrita en galego, celebra 40 anos
Encrucillada, a primeira revista de pensamento cristián da Transición escrita en galego, celebrou os seus 40 anos nun acto no que se presentou a monografía editada co gallo deste aniversario.
Fonte: Real Academia Galega
O 3º Concurso Balbino de Relatos amplía a temática e premiará as mellores narracións sobre o rural, o mar e a emigración
O Concurso Balbino de Relatos chega á súa terceira edición ampliando a temática dos traballos que poden concorrer a el ás do mar e a emigración, ademais da do rural recollida nas anteriores convocatorias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa están dispoñibles en YouTube os vídeos das intervencións da última edición do LGx15
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua pon a disposición das persoas interesadas na súa canle de Youtube os vídeos das intervencións da última edición do LGx15, unha iniciativa de dinamización do galego na que se achegan argumentos e experiencias para influír no futuro da lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Rede de Centros de Estudos Galegos visita en Vigo a mostra ‘Vindel, un tesouro en sete cantigas’
A Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta, representada nos responsables dos seus departamentos universitarios de ensino da lingua, da literatura e da cultura galegas fóra de Galicia, visitou en Vigo a mostra "Vindel, un tesouro en sete cantigas", no marco dunha viaxe institucional que incluíu tamén un percorrido guiado pola redondelá illa de San Simón.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A porcentaxe de antropónimos propiamente galegos sitúase en Galicia no 13 % do total
Na primeira década do século XXI, os nomes propiamente galegos supoñen case o 13 %, aínda que con matices, xa que no caso dos masculinos, por exemplo, están máis ligados á continuidade familiar.
Fonte: La Voz de Galicia
O Concello da Estrada aproba a súa ordenanza de normalización lingüística
Dende o Movemento Veciñal Estradense (Móvete), que presentou hai meses unha moción para o impulso desta normativa, cren que a aprobación desta ordenanza contribuirá ao fomento do uso do galego.
Fonte: Faro de Vigo
Ponse en marcha unha campaña para recuperar os nomes tradicionais dos días da semana
A Mesa pola Normalización Lingüística e a AGAL lanzan unha campaña conxunta para recuperar os nomes tradicionais dos días da semana en galego, usados maioritariamente ata ben entrado o século XX: domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira e sábado.
Fonte: Culturagalega.org
O Concello de Poio convoca o XXVI Concurso Literario Xaime Illa Couto de relato e poesía en lingua galega
O Concurso Literario Xaime Illa Couto conta con dúas modalidades: relato curto ou conto, e poesía. O tema dos traballos é libre e deberán estar escritos en lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
A Real Academia Galega e PuntoGal colaborarán para reforzar a presenza do galego en internet

A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal colaborarán para promover o dominio galego na rede (.gal) a través dunha campaña na que se reducirá o prezo dos novos rexistros durante o mes de febreiro, e tamén coa organización dun concurso de microrrelatos, de ata 200 palabras, co que se pretende estimular a produción creativa nos novos espazos da comunicación.
Fonte: RAG
Boletín
Subscríbase ao boletín