Galicia
O TSXG considera ilegal esixir o B1 dunha lingua estranxeira se non o recolle o plan de estudos do título universitario
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera ilegal a esixencia do nivel B1 dunha lingua estranxeira para a consecución dun título universitario se este requisito non se explicita no correspondente plan de estudos. Así o reflicte unha sentenza referida ao grao en Historia da Universidade de Santiago de Compostela, en cuxo plan de estudos non se recolle esta obriga.
Fonte: Galicia Confidencial
Valentín García acompaña a Mario Franco na presentación da obra “A volta e outros relatos”
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do libro A volta e outros relatos, de Mario Franco, que edita Fervenza coa colaboración da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Once grupos protagonizan o Galegote Rock 2018, un festival que promove as bandas musicais que cantan en galego
Un total de once grupo actuará do 26 ao 28 de abril en varios locais e nas prazas do centro histórico da cidade de Pontevedra no marco do festival Galegote Rock, unha iniciativa para reivindicar a música galega e en galego.
Fonte: Faro de Vigo
A webserie en galego "Hai vida en Bran?" estrearase no festival Carballo Interplay
A webserie en galego Hai vida en Bran?, dirixida, escrita e protagonizada por Ángela Andrada, estrearase o 5 de abril no Pazo da Cultura de Carballo, no marco da celebración do seu festival de contidos dixitais.
Fonte: Código Cero
Unha nova ordenanza impulsará a lingua galega no Concello do Grove
O Concello do Grove vai contar cunha nova ordenanza municipal para o impulso social da lingua galega, grazas á que se prevé desenvolver accións que impliquen a sociedade no proceso de normalización lingüística.
Fonte: Galicia Confidencial
A Deputación de Pontevedra aproba unha liña de axudas para organizar actividades no marco do Ano da Lingua
Esta liña de axudas, dotada cun orzamento de 260 000 euros, está destinada a entidades sen ánimo de lucro e ten como obxectivo promover, fomentar e difundir actividades culturais no marco do Ano da Lingua.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Preséntase na Guarda unha campaña para fomentar o uso do galego no ámbito do comercio
O IES A Sangriña, en colaboración co Concello da Guarda, puxo en marcha a campaña “O galego, produto estrela” co obxectivo de fomentar o emprego do galego no comercio e ampliar os seus ámbitos de uso.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación da Coruña convoca axudas para a distribución audiovisual en galego
A Deputación da Coruña destinará 150 000 euros a unha nova liña de axudas destinadas á distribución de contidos audiovisuais en lingua galega, que será a primeira destas características que se convoca en Galicia para esta función.
Fonte: Deputación da Coruña
A Deputación de Pontevedra convoca axudas para actividades de dinamización do galego destinadas a entidades sen ánimo de lucro
As axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega en 2018 destinadas a entidades sen ánimo de lucro están dotadas cunha partida orzamentaria de 120 000 euros.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Organizan en Moaña un obradoiro que amosa as potencialidades do galego para acceder ao mundo lusófono
O Concello de Moaña organiza o obradoiro "Ops! O portugués simples" destinado ao alumnado de secundaria da localidade co obxectivo de desmontar o prexuízo lingüístico da falta de utilidade do galego e mostrar a súa potencialidade para acceder ao mundo lusófono.
Fonte: Faro de Vigo
Boletín
Subscríbase ao boletín