Galicia

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago organiza un encontro sobre tradución de literaturas estranxeiras ao galego

Esta xornada, dedicada á tradución de literaturas estranxeiras ao galego, celebrarase o 14 de marzo e nela daranse cita profesionais da tradución que participarán nunha mesa redonda á que seguirán uns obradoiros para traducir desde diferentes linguas.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta asina un acordo para expor por vez primeira en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, asinaron un acordo en virtude do cal o cadro "A derradeira leición do mestre", unha das obras máis senlleiras pintadas por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, sairá por primeira vez de Arxentina para ser exhibida en Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Premio San Clemente chega por primeira vez aos 1000 lectores e logra a participación de todos os IES composteláns

O Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente Rosalía-Abanca alcanza por primeira vez a cifra de 1000 lectores galegos e europeos participantes e logra involucrar a totalidade dos institutos de ensino secundario da capital de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Abanca galeguizará toda a súa documentación e as relacións coa clientela que o desexe

Tras unha petición realizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, Abanca acaba de comunicar que galeguizará toda a documentación que lle solicite a clientela, así como as relacións que se establezan con esta.

Fonte: Galicia Confidencial

Convócase na Estrada un concurso de microrrelatos e micropoemas en lingua galega

Dinamizaestrada convoca a quinta edición do seu concurso de microrrelatos e micropoemas en lingua galega no que poden participar os centros de ensino da Estrada.

Fonte: Faro de Vigo

O Vindel acolle a celebración do Día Internacional da Lingua Materna

O Museo do Mar de Galicia “convertido en espazo emblemático pola presenza do Pergamiño Vindel”, segundo explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acolleu a celebración institucional do Día Internacional da Lingua Materna, promovida desde a UNESCO e secundada por sexto ano desde a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O secretario xeral de Política Lingüística clausura a xornada ‘Galego e empresa: abrindo novos mercados’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou na sede compostelá da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) a xornada Galego e empresa: abrindo novos mercados, organizada polo Foro E. Peinador e pola CEG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Real Academia Galega alerta da ruptura na transmisión interxeracional do galego

A Real Academia Galega acaba de publicar, co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992-2016. Neste informe móstrase unha visión panorámica da situación social do galego co obxectivo de identificar as tendencias que marcan a súa evolución nas últimas décadas.

Fonte: Real Academia Galega

O secretario xeral de Política Lingüística participa nos actos do 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Santiago de Compostela nos actos conmemorativos do 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, cunha ofrenda floral ao pé do monumento á escritora na Alameda.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha investigadora da Universidade de Santiago recomenda na súa tese a inclusión curricular da lingua de signos

A tese de doutoramento de Cristina González constitúe o primeiro estudo sobre a planificación da lingua de signos no ámbito educativo galego. Nela recomenda a inclusión curricular da lingua de signos para atender a pluralidade lingüística nas aulas e maior presenza de intérpretes nos centros con alumnado xordo.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder