Galicia

Un estudo sobre os medios de dez linguas minoritarias europeas mostra a situación do xornalismo en galego

Investigadores da Universidade do País Vasco e da Autónoma de Barcelona realizaron un estudo que amosa a realidade do ecosistema mediático entre 2009 e 2016 de dez linguas minoritarias europeas: galego, éuscaro, catalán, corso, bretón, frisón, irlandés, galés, gaélico-escocés e saami. Unha das conclusións da investigación é que en Galicia hai menos xornalistas e menos medios en galego que nos territorios de fala catalá ou euscaldúns. En concreto, ocupa o cuarto lugar (con sesenta medios), tras catalán (757), éuscaro (123) e galés (84).

Fonte: Galicia Confidencial

Cultura concédelles axudas a 155 concellos para dotar as bibliotecas municipais de novidades editoriais en lingua galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concédelles este ano axudas a un total de 155 concellos para dotar as bibliotecas e axencias de lectura municipais dos títulos editoriais máis recentes en lingua galega. Así o publicou o Diario Oficial de Galicia, xunto coa resolución das subvencións para a mellora das coleccións das bibliotecas, na que resultaron beneficiarias 118 localidades das catro provincias galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un estudo describe o uso do galego entre os neofalantes como unha forma de activismo

Bernadette O'Rourke da Universidade Heriot-Watt de Edimburgo, experta na realidade lingüística galega, presentou un novo estudo no que describe o uso do galego entre os neofalantes como "forma de resistencia" e de "activismo".

Fonte: Galicia Confidencial

O secretario xeral de Política Lingüística entrega os premios do VI Rally Matemático e Científico

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Facultade de Química no acto de entrega de premios do VI Rally Matemático e Científico sen Fronteiras que organiza Igaciencia coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Estrada aproba a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada, tras un período de información pública do texto.

Fonte: CTNL

Ábrese a convocatoria para participar na sétima edición de Somos a curta!, un certame que promove o galego no audiovisual

A Universidade de Santiago convoca unha nova edición do certame Somos a curta! ao que se poderán presentar pezas que non superen os 10 minutos e que deberán estar rodadas en galego. Como novidade este ano, as curtametraxes terán que abordar temáticas relacionadas coa realidade social galega.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

As comunidades autónomas con linguas propias reúnense en Navarra para coordinar as súas políticas lingüísticas

Responsables de política lingüística do Goberno de Navarra, o Goberno Vasco, a Generalitat de Cataluña, a Xunta de Galicia, o Govern das Illas Baleares e a Generalitat Valenciana mantiveron un encontro en Navarra para coordinar as políticas orientadas á promoción das súas linguas propias.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A USC e Política Lingüística entregan os XIII Premios á Calidade Lingüística

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, fixeron entrega dos XIII Premios á Calidade Lingüística, uns galardóns outorgados polas comisións de normalización lingüística da universidade compostelá cos que as dúas institucións impulsan o uso e a visibilización do galego no ensino superior.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Plan de dinamización do galego na mocidade inclúe o deporte como ámbito prioritario de actuación

O novo plan de dinamización do galego na mocidade que está a preparar a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inclúe o deporte entre os ámbitos de actuación prioritarios na dinamización da lingua propia de Galicia na xente nova.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha nova publicación da Real Academia Galega recolle a toponimia de Agolada

A Real Academia Galega publica, en edición dixital, o volume Toponimia de Agolada, obra que xa se pode consultar na páxina web da institución. Trátase dun traballo da académica correspondente Luz Méndez que analiza as orixes dos nomes das 24 parroquias e dos 163 lugares deste concello.

Fonte: Real Academia Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder