Galicia
A Xunta celebra a decisión da RAG e organiza xa a homenaxe a Victoria Moreno no Día das Letras 2018

A Xunta de Galicia congratúlase pola decisión da Real Academia Galega (RAG) de dedicar o Día das Letras 2018 a María Victoria Moreno Márquez, a cuarta muller na historia que recibe este recoñecemento, e traballa xa na organización dunha homenaxe que todas as galegas e galegos lle renderán á mestra e escritora o vindeiro ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A app ‘Bicicoruña’ do IES Ramón Menéndez Pidal faise coa terceira edición do premio Inventa en Galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presidiu no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña a entrega do III premio Inventa en Galego que promove Igaciencia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O galardón recaeu este ano na aplicación “BiciCoruña”, elaborada por alumnado de segundo de bacharelato do dito centro educativo baixo a dirección da profesora Paz Freire Campo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócanse os Premios Fouciño que animan á creación de pezas audiovisuais curtas en galego
A Asociación Cultural Adro de Baio convoca os II Premios Fouciño de pezas audiovisuais curtas que serán de temática libre e en galego (ou con subtítulos en galego), e susceptibles de publicarse baixo licenza Creative Commons.
Fonte: Código Cero
O DicionarioLab incorpora unha nova opción de busca relativa á fraseoloxía
O DicionarioLab, impulsado pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, inclúe unha nova opción de busca no que respecta á fraseoloxía recollida no dicionario que permite que se poidan facer procuras efectivas de formas lingüísticas no conxunto de todas as expresións.
Fonte: Código Cero
‘Ler conta moito’ levará no verán máis de 80 actividades de dinamización da lectura ás bibliotecas de 54 municipios
Os libros e a lectura serán os protagonistas do verán nas bibliotecas públicas municipais de Galicia coas 81 actividades que ofrecerá o programa "Ler conta moito" durante a época estival.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase o XXII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela ao mellor traballo en lingua galega nun medio escrito
Este premio, convocado pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, en colaboración co Concello da Estrada e a Deputación de Pontevedra, outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos xornalísticos publicados en galego en calquera medio de comunicación escrito.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os Clubs de Lectura consolídanse nos centros escolares como ferramenta de mellora educativa
Os Clubs de Lectura, logo de dez anos da súa posta en funcionamento, estanse a afianzar nos centros educativos como unha ferramenta de mellora das competencias e destrezas do alumnado.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Finalizan os prazos de presentación de solicitudes para as prazas convocadas nos lectorados de galego
A Secretaría Xeral de Política Lingüística recorda que os días 26 de xuño e 6 de xullo finalizan os prazos fixados nas dúas convocatorias de prazas de profesorado-lector de lingua, literatura e cultura galegas coas que renovará este ano 10 dos 27 lectorados cos que contan os 35 centros de estudos galegos que integran a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Comeza no Centro Ramón Piñeiro o curso de verán ‘Afonso X, cronista e protagonista do seu tempo’
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) acolle na súa sede do compostelán Pazo de San Roque o curso ‘Afonso X, o Sabio: cronista e protagonista do seu tempo’.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e a Real Academia Galega avanzan na dinamización lingüística e a investigación científica sobre a lingua propia

A Xunta de Galicia vén de reafirmar o seu compromiso co importante labor que desenvolve a Real Academia Galega (RAG) mediante o convenio asinado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o presidente desta institución académica, Víctor Fernández Freixanes. O convenio conta cun orzamento de 520 000 euros para a realización de accións culturais, investigación científica e investimentos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín