Galicia

Solicitan a implicación da Xunta de Galicia e dos partidos políticos para protexer o galego no Bierzo

O colectivo Fala Ceibe pídelles colaboración ás administracións e aos partidos políticos de Galicia para protexer o galego na comarca do Bierzo e reivindica máis presenza desta lingua en institucións e medios de comunicación, así como que se recoñeza a súa cooficialidade.

Fonte: Galicia Confidencial

Xa está nas librerías o novo volume de Astérix en lingua galega

Astérix en Italia é o título deste novo volume das aventuras do guerreiro galo que xa está nas librerías en paralelo ás súas versións en francés ou en castelán. Outras novidades editoriais de banda deseñada en galego están tamén chegando ás tendas.

Fonte: Cuturagalega.org

A igrexa de Couselo, en Cuntis, acolle a celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

No acto de celebración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que se celebra o sábado 28 de outubro, participarán veciñas e veciños da localidade e haberá unha actuación musical.

Fonte: Faro de Vigo

Arteixo, Zas, Mos e Bueu reciben a visita dos Bolechas da man do programa FalaRedes

Por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Xunta de Galicia programa, unha fin de semana máis, actividades nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Cidade da Cultura acolle a presentación de 'Soños de nenos', gañadora do Premio Arume de Poesía 2015

O Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acolleu o acto de presentación da obra Soños de nenos, coa que a profesora Mónica Inés Varela Gestoso se fixo no ano 2015 co Premio Arume de Poesía, convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García súmase aos veciños de Cuntis na homenaxe a aqueles que transmitiron o galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na celebración da Restauración da Memoria Lingüística que a Asociación de Funcionarios pola Normalización lingüística celebrou canda o Concello de Cuntis na parroquia de Couselo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Moaña acolle un acto de fomento do uso da lingua galega nos ritos funerarios

O cemiterio municipal de Trigás, en Moaña, acolleu un acto para reivindicar a memoria dos devanceiros que deixaron o galego para as actuais xeracións e para fomentar o emprego desta lingua nos actos funerarios.

Fonte: Faro de Vigo

An Alfaya faise co segundo premio Xosé Neira Vilas de novela curta coa obra 'O home de negro'

A coñecida escritora viguesa An Alfaya (Mª Ángeles Alfaya Bernárdez) fíxose, por unanimidade do xurado, coa segunda edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Sofía substitúe a Noa como nome máis frecuente das nenas nadas no 2016, e Martín continúa en primeiro lugar nos nenos

O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2016, que reflicte que Sofía substitúe a Noa como o nome máis frecuente para a nenas, mentres que Martín se mantén no primeiro posto entre os nenos ao igual que no 2015.

Fonte: Xunta de Galicia

As bibliotecas conmemoran en novembro o mes da ciencia en galego con actividades para todos os públicos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia promove a celebración do mes da ciencia en galego cunha completa programación de actividades ao longo de todo novembro dirixida á posta en valor das bibliotecas e mais do seu papel impulsor da creación e da divulgación científicas na lingua propia de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder