Galicia
O galego xa figura entre as linguas dispoñibles no tradutor de mensaxes instantáneas DROTR
DROTR é un tradutor gratuíto de mensaxes instantáneas para sistemas Android e iOS que serve para axudar a persoas sen coñecementos das linguas dos seus remitentes. Ademais do galego, tamén se incluíron o portugués, o castelán e o catalán.
Fonte: Código Cero
Entréganse os premios do certame de vídeos en galego Youtubeir@s
O Teatro Principal de Ourense acolleu a gala de entrega de premios do certame Youtubeir@s, un concurso co que se pretende aumentar a presenza en Internet de vídeos en galego.
Fonte: Praza Pública
Denuncian un novo caso de discriminación lingüística por parte da Axencia Tributaria
A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu, a través da Liña do Galego, a denuncia dun contribuínte a quen lle chegou o borrador do IRPF en español malia escoller sempre a opción lingüística en galego.
Fonte: Sermos Galiza
Estudantes de varios centros educativos reúnense en Celanova nun encontro pola normalización lingüística
O alumnado dos centros de educación infantil e primaria de Celanova, Ramirás, Cartelle, Entrimo e Bande, e do IES da Baixa Limia participaron no sétimo encontro pola normalización lingüística.
Fonte: La Voz de Galicia
A exposición ‘Os mundos de Carlos Casares’ abre as súas portas na capital de Galicia
Os mundos de Carlos Casares, exposición central das Letras Galegas 2017, chega á capital de Galicia, onde se poderá ver ata o vindeiro 25 de xuño na Zona “C”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Himno por Andrea Pousa conmemora o centenario do pasamento de Pondal
O novo proxecto audiovisual O Himno por Andrea Pousa, producido por Queiman e Pousa con arranxos de Nani García, conmemora o centenario do pasamento de Eduardo Pondal, autor da súa letra, e o cento décimo da estrea do himno galego no Teatro Nacional da Habana.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Pico Sacro acolle o encontro de peche de Dragal coa participación de máis de trescentos estudantes
O lendario Pico Sacro acolleu o encontro que lle puxo o ramo á cuarta edición do programa de dinamización lingüística Dragal, e que emprazou os 313 estudantes e 22 profesores e profesoras dos seis centros educativos participantes para pechar as actividades programadas e desenvolvidas durante o curso escolar 2016/17.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña aproba a Ordenanza de uso da lingua galega
O Pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade a Ordenanza de uso da lingua galega que declara o galego como idioma oficial deste organismo provincial.
Fonte: CTNL
O Concello de Silleda pon en marcha unha campaña de fomento do galego nos establecementos comerciais
A campaña #REBAIXASilleda# ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega no sector do comercio durante a época de rebaixas de verán.
Fonte: La Voz de Galicia
Resólvense os Premios Lois Peña Novo que recoñecen o traballo dos galardoados a prol da normalización da lingua galega
Os gañadores da vixésimo terceira edición destes galardóns son Sandra Piñeiro Vilas, maxistrada no Xulgado do Social n.º 3 de Lugo; Xurxo Mariño Alfonso, biólogo, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e divulgador científico; e a Asociación Cultural Ponte... nas Ondas!, polos seus máis de 20 anos de traballo a prol do patrimonio inmaterial galego-portugués.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín