Galicia

Un informe demanda maior esforzo para a creación de recursos tecnolóxicos destinados ao galego

Un estudo da Alianza Tecnolóxica Multilingüe de Europa, no que participaron 200 especialistas, analiza as aplicacións e as ferramentas tecnolóxicas dispoñibles para 31 linguas europeas, entre elas o galego.

Fonte: Praza Pública

O Concello de Rois aproba unha proposta para promover o emprego do galego nas lápidas dos cemiterios

O obxectivo desta proposta é fomentar o uso do galego nas lápidas dos cemiterios, nun concello onde o emprego desta lingua é moi elevado, o que non se corresponde coa súa escasa presenza nos camposantos.

Fonte: La Voz de Galicia

Feijóo destaca o plan de dinamización da lingua na xuventude para promover o galego na familia, na tecnoloxía ou no lecer

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou o plan de dinamización da lingua na xuventude para promover o uso do galego no eido familiar, na tecnoloxía, no lecer e nas actividades extraescolares.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Plan de dinamización do galego na mocidade será a principal acción en prol do seu uso cotiá polos máis novos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, sinalou no Parlamento o Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2017-2020 como a principal acción que o seu departamento ten previsto desenvolver no futuro máis próximo para fomentar o uso da lingua propia de Galicia entre os máis novos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Carlos Casares chegará aos fogares na bolsa da compra para festexar as Letras Galegas

O autor homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) con motivo deste 17 de maio, Carlos Casares, chegará aos fogares galegos na bolsa da compra de Vegalsa-Eroski para festexar as Letras Galegas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta impulsará co ILG un proxecto para estudar o comportamento lingüístico dos máis novos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta impulsará o proxecto Cambio lingüístico e contacto de lingua na xuventude, unha iniciativa coa que o Goberno galego apoiará o ILG no estudo dunha franxa de idade estratéxica para a promoción da nosa lingua: entre os 18 e os 25 anos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Día das Redes Galegas sumóuse en Pontevedra á celebración do 17 de maio

O Día das Redes Galegas – Social Media Day 2017 conmemorou na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo (UVigo) as Letras Galegas e Internet con motivo do 17 de maio.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García clausura o 'Día Carlos Casares' do IES de Viana do Bolo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu ao IES Carlos Casares de Viana do Bolo, onde participou co alumnado e o profesorado do centro na celebración do Día Carlos Casares, no que foi o encargado de clausurar a xornada.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O II encontro Regueifesta une lingua galega e mocidade nos espazos de ocio e nas relacións informais

Xa está en marcha a segunda edición do Encontro Regueifesta de Improvisación Oral en Verso, apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Presentan un vídeo musical en galego para que nenas e nenos vaian durmir á súa hora

O vídeo musical “Vou para a cama” forma parte dun conxunto de recursos creados no marco do proxecto Apego para a socialización da infancia en galego.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder