Galicia

O Colón acolle o VI Festival ‘Arte pola Igualdade’ nas Letras Galegas

O coruñés Teatro Colón acolle a nova edición do Festival Arte pola Igualdade, un espectáculo escolar co que o alumnado e o profesorado do Centro de Educación Especial (CEE) María Mariño e o Conservatorio de Música da Coruña (CMUS) -baixo a coordinación dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)- emprazan a toda a cidadanía a festexar as Letras Galegas 2017 cunha homenaxe moi especial ao autor elixido pola Real Academia Galega, Carlos Casares.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña presenta unha nova edición do seu concurso de música en galego

O concurso de música en galego "Quero cantar" chega á súa segunda edición con dúas modalidades: unha infantil para nenas e nenos de ate 12 anos e outra xuvenil para unha idade comprendida entre os 13 e os 16.

Fonte: Deputación da Coruña

Publícanse dúas liñas de axudas para iniciativas dirixidas á mocidade que inclúen como área prioritaria a dinamización do galego

A Consellería de Política Social convocou axudas para o desenvolvemento de iniciativas dirixidas á mocidade nas cales se inclúe, entre as áreas de atención prioritaria, a dinamización da lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O ‘Tic Tac Toc’ chega esta fin de semana a Ponteareas, Outes e Boiro

O programa de dinamización lingüística FalaRedes, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nas comarcas do Condado, de Noia e do Barbanza a través da nova proposta musical ‘Tic Tac Toc’ que chega da man do músico coruñés Pablo Díaz.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

'Arte pola igualdade' réndelle tributo a Carlos Casares na Coruña

A VI edición do Festival Arte pola Igualdade celebrouse no coruñés Teatro Colón para renderlle tributo a Carlos Casares no marco da programación institucional das Letras Galegas 2017 impulsada desde a Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Román Rodríguez apoia a difusión do libro galego na Feira Internacional de Bos Aires

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o expositor de Galicia na 43ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Convócase un ano máis unha nova edición do concurso en Twitter "Que se vexa! O galego"

Esta iniciativa, posta en marcha pola Coordinadora de Traballadores/as pola Normalización da Lingua, ten como obxectivo contribuír a visibilizar e reivindicar o emprego do galego en todos os ámbitos.

Fonte: CTNL

O Concello da Coruña organiza actividades de fomento do galego para menores de seis anos

No marco do proxecto Apego, o Goberno local organiza unha serie de actividades para impulsar o uso do galego entre os máis cativos.

Fonte: La Opinión

A Mesa pola Normalización Lingüística estrea unha curtametraxe que mostra os obstáculos para falar en galego

A curta está inspirada na serie británica Black Mirror e ten como finalidade denunciar os obstáculos para falar galego na vida diaria. Esta iniciativa enmárcase na campaña desta organización destinada a conseguir máis de 10 000 sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular que garanta os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.

Fonte: Galicia Confidencial

Iria Veiga gaña o Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

O xurado do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores concedeulle o galardón á médica Iria Veiga Ramos polo seu traballo "Inchazón". A gañadora recibirá 1250 euros e a publicación do artigo en varios medios de comunicación galegos.

Fonte: Galicia Hoxe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder