Galicia
Preséntase a segunda edición do concurso #Fotolingua
O concurso #Fotolingua ten como obxectivo darlles visibilidade aos establecementos comerciais que utilizan a lingua galega. Desenvólvese a través do Facebook e de Instagram, onde a cidadanía poderá publicar imaxes destes comercios nas que se vexa o emprego que fan do galego.
A Casa de Galicia acolle a presentación do libro 'Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo', do humorista Siro López
A Delegación da Xunta de Galicia/Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do libro Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo, un ensaio do caricaturista e humorista gráfico Siro López, o primeiro que analiza a creación do humorismo nesta obra fundamental da novela moderna.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O ‘Tic, Tac, Toc’ do FalaRedes chega ao Grove este sábado
O FalaRedes, programa que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nos concellos que forman parta da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana na comarca do Salnés.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Organizan na Universidade de Vigo un microconcurso de poemas en lingua galega
A Biblioteca da Escola de Enxeñería de Telecomunicación organiza a II edición do Microconcurso que nesta ocasión está dedicado á poesía e no que poden participar todos os membros da comunidade universitaria.
Fonte: Universidade de Vigo
Estudantes da Universidade de Vigo crean unha aplicación para comunicarse en lingua de signos
Un grupo de alumnas de Enxeñería de Telecomunicación creou unha aplicación que converte o dispositivo móbil nun intérprete bidireccional que transforma os xestos en palabras e viceversa.
Fonte: Faro de Vigo
Cultura e Educación celebra o Día das Letras no Gaiás co espectáculo ‘Cantos de poeta’ de Gelria
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrará o Día das Letras no Gaiás co espectáculo ‘Cantos de poeta’ de Gelria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O II Abril Oteriano afonda na obra e no pensamento de Ramón Otero Pedrayo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura das xornadas do II Abril Oteriano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Pontevedra organiza un ano máis o programa "Maio, Mes da Lingua"
O programa "Maio, Mes da Lingua" súmase aos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas con música, cinema, andainas, xogos, lecturas ao vivo...
Fonte: Consello da Cultura Galega
Política lingüística convoca as axudas á promoción do uso do galego no ámbito local

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria. A nova liña de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a prestación de servizos lingüísticos desde o ámbito local en concellos ou en agrupamentos de concellos de 3000 habitantes ou máis.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na mostra 'Cartografía marítima de Galicia'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de apertura da mostra 'Cartografía marítima de Galicia'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín