Galicia
Investigadores da Universidade de Santiago participan nun proxecto que mide matematicamente as distancias entre linguas europeas
Un equipo formado por especialistas da Universidade de Santiago de Compostela, da empresa Imaxin∣Software e da Universidade do País Vasco creou un mapa mediante computación que mide as distancias entre 44 linguas europeas.
Fonte: Galicia Confidencial
Valentín García participa en Vigo na homenaxe á galeguidade de Paz-Andrade e Antía Cal
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Vigo no acto de homenaxe á pedagoga Antía Cal e ao empresario Valentín Paz-Andrade, no marco das accións que están a levar a cabo a Xunta de Galicia, o Foro Enrique Peinador, a Universidade de Vigo (UVigo) e o Concello.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez destaca o labor de A Roda na defensa da cultura e lingua propias de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na rolda de prensa de presentación do disco 40 anos máis, co que o grupo A Roda conmemora as súas catro décadas dunha carreira musical dedicada á recuperación e difusión da canción tradicional galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Política Lingüística e a Universidade de Vigo recoñécenlle ao alumnado a súa calidade e creatividade en galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Universidade de Vigo (UVigo), por medio da súa Área de Normalización Lingüística, recoñeceron un ano máis a calidade e a creatividade en galego do seu alumnado, a través dos Premios 2017 de Poesía, Relato Curto e Tradución Literaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O libro ‘Santiago de Compostela, a cidade milagre’ percorre as rúas da capital galega a través da prosa de Casares
O libro Santiago de Compostela, a cidade milagre convida a percorrer as rúas da capital de Galicia a través da prosa do escritor Carlos Casares. A obra, que acaba de ver a luz nunha coedición publicada polo Consorcio de Santiago e pola Editorial Galaxia, recolle unha serie de traballos que o homenaxeado coas Letras Galegas 2017 editara en varias revistas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García entrega os premios do certame Letras Galegas convocado por FAPA Ferrolterra
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, entregou, no CPR Plurilingüe Sagrado Corazón Madres Mercedarias e no CPR Plurilingüe Cristo Rey, os premios do Certame Letras Galegas convocado pola Federación de Pais e Nais de Colexios Concertados de Ferrol e comarca (FAPA Ferrolterra) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cans proxecta a curta gañadora do certame de dinamización lingüística ‘Nós tamén creamos!’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Festival de Cine de Cans, Alfonso Pato, acompañaron o alumnado do CEIP de Ponzos, de Ferrol, na súa visita ao festival. Os 50 rapaces e rapazas ferroláns chegaron a Cans convidados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo propio festival para presentaren na sección Cans do Futuro, a curta de animación en galego “A figueira de Pelostortos”, coa que gañaron a pasada edición do concurso Nós tamén creamos!, inscrito no programa de dinamización lingüística homónimo, na categoría de 3º e 4º de primaria.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xosé Luís Mosquera Camba recibe o XX Premio de Poesía Concello de Carral
O poeta e profesor de arte Xosé Luís Mosquera Camba recibiu o XX Premio de Poesía Concello de Carral pola súa obra Das árbores tropicais e do amor, nun acto no que tamén se presentou a publicación do traballo gañador da pasada edición, Devalar sen pel, de Modesto Fraga.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O galego xa figura entre as linguas dispoñibles no tradutor de mensaxes instantáneas DROTR
DROTR é un tradutor gratuíto de mensaxes instantáneas para sistemas Android e iOS que serve para axudar a persoas sen coñecementos das linguas dos seus remitentes. Ademais do galego, tamén se incluíron o portugués, o castelán e o catalán.
Fonte: Código Cero
Entréganse os premios do certame de vídeos en galego Youtubeir@s
O Teatro Principal de Ourense acolleu a gala de entrega de premios do certame Youtubeir@s, un concurso co que se pretende aumentar a presenza en Internet de vídeos en galego.
Fonte: Praza Pública
Boletín
Subscríbase ao boletín