Galicia

Valentín García anima a celebrar as continuidades cultural e lingüística de Galicia e Portugal na gala aRi(t)mar 2017

O salón de actos do Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acolleu a presentación da Gala aRi(t)mar 2017, que reunirá na capital de Galicia os músicos e poetas galegos e portugueses premiados na segunda edición dos Premios aRi(t)mar Galiza e Portugal. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través da Escola de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela, que apoia a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Xunta de Galicia

‘Peripheral Visions / Global Sounds’ analiza a explosión creativa galega do posfranquismo

O secretario xeral de Política Lingüística presentou o libro do profesor da Universidade neozelandesa de Auckland José Colmeiro, “Peripheral Visions / Global Sounds: from Galicia to the World”. Valentín García considerouno unha mostra do crecente interese internacional pola lingua e a cultura galegas, ao que contribúe a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O presidente da RAG e o vicepresidente da Xunta acordan colaborar en materia de toponimia

O presidente da Real Academia Galega, Vítor Freixanes, reuniuse co vicepresidente da Xunta, Afonso Rueda, para abordar posibles colaboracións en materia de toponimia.

Fonte: Real Academia Galega

A AS-PG e o proxecto Apego reciben o premio Rosalía de Castro

O proxecto "Apego" e a AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) foron as iniciativas gañadoras do VIII Premio Rosalía de Castro de Lingua Galega que concede a Deputación da Coruña.

Fonte: Cultura Galega

Un libro publicado en galego entra na lista internacional máis prestixiosa de libros infantís e xuvenís

O libro en galego Lendo lendas, digo versos de Antonio Teijeiro e Antonio Reigosa entrará na lista de obras infantís e xuvenís da IBBY, a organización máis prestixiosa do mundo en libro infantil e xuvenil.

Fonte: Cultura Galega

O premio de promoción do uso do galego 'Luís Portelo Garea' está a piques de pechar o prazo para a presentación de candidaturas

A Universidade de Santiago de Compostela está a piques de pechar o prazo para a presentación de candidaturas ao primeiro premio Luís Porteiro Garea de promoción e uso do galego.

Fonte: Xornal da USC

Un libro editado por un grupo de investigadoras da Universidade de Vigo analiza a tradución nas comunidades con lingua propia

O grupo de investigadoras e investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (BITRAGA) presentou un volume colectivo de máis de 350 páxinas no que se fai un pormenorizado retrato do sector da tradución literaria en España e revela que as literaturas das comunidades con lingua propia (Cataluña, Galicia e País Vasco) comezan a espertar interese no exterior.

Fonte: Galicia Confidencial

Alumnado dos cursos 'Galego sen fronteiras' reciben unha charla-concerto sobre a tradición musical galega

Uxía Senlle e Sérgio Tannus ofreceron unha charla-concerto sobre tradición musical galega ao alumnado que asiste aos cursos "Galego sen fronteiras' organizados pola Universidade de Santiago de Compostela, a Real Academia Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: RAG

O Centro Ramón Piñeiro presenta a versión definitiva do sintetizador de voz CoToVía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou xunto co director científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH) e director do proxecto de investigación CoToVía, Manuel González, a versión definitiva do sintetizador de voz homónimo, unha ferramenta informática que permite a conversión dun texto escrito en galego nunha cadea oral.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

García anima a hostalaría, o comercio e as empresas a sumarse á promoción do uso do idioma na economía

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación compostelá da campaña a prol dun consumo responsable e solidario impulsada polo Foro Enrique Peinador e pola Irgade coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder