Galicia

Preséntase un volume que analiza o abandono do uso escrito formal do galego entre os séculos XV e XVI

A lingua galega no solpor medieval é o título do libro editado polos profesores Ramón Mariño Paz e Xavier Varela.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O CEIP coruñés Anxo da Garda e o IES vigués Carlos Casares gañan o concurso-exposición Letras Galegas

O Portal da Lingua Galega e o Portal Educativo publican a Resolución da convocatoria de concurso para a elaboración da exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2017, Carlos Casares Mouriño, convocatoria que, como cada ano, puxo en marcha hai uns meses a Consellería de Cultura e Educación a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación da Coruña pon en marcha o programa de dinamización lingüística “Coa lingua fóra”

O programa de dinamización lingüística “Coa lingua fóra”, que se desenvolverá durante os meses de marzo e abril de 2017 en corenta concellos da provincia da Coruña, ten como obxectivo fomentar a socialización en galego, favorecer as actitudes positivas cara a esta lingua e incentivar o pensamento crítico na infancia e a mocidade.

Fonte: Deputación da Coruña

O secretario xeral de Política Lingüística participa nos actos de homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nos actos de homenaxe ao escritor Álvaro Cunqueiro que organizou o Concello con motivo do aniversario do pasamento do escritor mindoniense.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago de Compostela convoca a XIII edición dos Premios á calidade lingüística

O obxectivo destes premios é fomentar o emprego da lingua galega entre o alumnado unido ao espallamento da cultura da calidade na elaboración e defensa dos seus traballos.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Valentín García participa en Maside na presentación do XXXI volume de ‘Ágora do Orcellón’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do XXXVI volume da revista Ágora do Orcellón.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Carballo convoca o XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Este premio ten como obxectivo fomentar a reflexión sobre a situación social da lingua galega e incentivar o seu uso na prensa escrita. A persoa que resulte gañadora recibirá 1250 euros máis a publicación do artigo nos nove medios de comunicación que colaboran coa iniciativa.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Convócase unha nova edición do concurso para impulsar o uso do galego na transmisión das matemáticas

Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso organizado pola Universidade de Santiago e a Fundación Barrié que ten como finalidade fomentar o emprego da lingua galega na transmisión do coñecemento matemático.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O plurilingüismo estenderase á Educación Infantil no vindeiro curso

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria expuxo as liñas do seu departamento para esta lexislatura, entre as que se atopan a extensión do plurilingüismo á Educación Infantil ou o impulso do galego entre a mocidade.

Fonte: Galicia Hoxe

Valentín García participa en Vigo na presentación do 'Libro das abandonadas' de Xosé Luís Franco Grande

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do novo Libro das abandonadas, do escritor e académico da lingua Xosé Luís Franco Grande.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder