Galicia
Publícanse dúas liñas de axudas para iniciativas dirixidas á mocidade que inclúen como área prioritaria a dinamización do galego
A Consellería de Política Social convocou axudas para o desenvolvemento de iniciativas dirixidas á mocidade nas cales se inclúe, entre as áreas de atención prioritaria, a dinamización da lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O ‘Tic Tac Toc’ chega esta fin de semana a Ponteareas, Outes e Boiro
O programa de dinamización lingüística FalaRedes, impulsado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística nos concellos que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nas comarcas do Condado, de Noia e do Barbanza a través da nova proposta musical ‘Tic Tac Toc’ que chega da man do músico coruñés Pablo Díaz.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'Arte pola igualdade' réndelle tributo a Carlos Casares na Coruña
A VI edición do Festival Arte pola Igualdade celebrouse no coruñés Teatro Colón para renderlle tributo a Carlos Casares no marco da programación institucional das Letras Galegas 2017 impulsada desde a Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez apoia a difusión do libro galego na Feira Internacional de Bos Aires
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o expositor de Galicia na 43ª edición da Feira Internacional do Libro de Bos Aires.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase un ano máis unha nova edición do concurso en Twitter "Que se vexa! O galego"
Esta iniciativa, posta en marcha pola Coordinadora de Traballadores/as pola Normalización da Lingua, ten como obxectivo contribuír a visibilizar e reivindicar o emprego do galego en todos os ámbitos.
Fonte: CTNL
O Concello da Coruña organiza actividades de fomento do galego para menores de seis anos
No marco do proxecto Apego, o Goberno local organiza unha serie de actividades para impulsar o uso do galego entre os máis cativos.
Fonte: La Opinión
A Mesa pola Normalización Lingüística estrea unha curtametraxe que mostra os obstáculos para falar en galego
A curta está inspirada na serie británica Black Mirror e ten como finalidade denunciar os obstáculos para falar galego na vida diaria. Esta iniciativa enmárcase na campaña desta organización destinada a conseguir máis de 10 000 sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular que garanta os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.
Fonte: Galicia Confidencial
Iria Veiga gaña o Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo
O xurado do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores concedeulle o galardón á médica Iria Veiga Ramos polo seu traballo "Inchazón". A gañadora recibirá 1250 euros e a publicación do artigo en varios medios de comunicación galegos.
Fonte: Galicia Hoxe
Un informe demanda maior esforzo para a creación de recursos tecnolóxicos destinados ao galego
Un estudo da Alianza Tecnolóxica Multilingüe de Europa, no que participaron 200 especialistas, analiza as aplicacións e as ferramentas tecnolóxicas dispoñibles para 31 linguas europeas, entre elas o galego.
Fonte: Praza Pública
O Concello de Rois aproba unha proposta para promover o emprego do galego nas lápidas dos cemiterios
O obxectivo desta proposta é fomentar o uso do galego nas lápidas dos cemiterios, nun concello onde o emprego desta lingua é moi elevado, o que non se corresponde coa súa escasa presenza nos camposantos.
Fonte: La Voz de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín