Galicia
Román Rodríguez visita o centro de estudos galegos da Universidade da Sorbona
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o Centro de Estudos Galegos de París / Centre d’Etudes Galiciennes da Université de Paris III – Sorbonne Nouvelle.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Consello da Cultura Galega presenta un informe que analiza as actitudes sobre o galego entre a xente nova
O estudo Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia elaborouse a partir de entrevistas a mozos e mozas de 15 a 25 anos entre decembro de 2015 e febreiro de 2016.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O secretario xeral de Política Lingüística asiste na Estrada á conferencia 'Historia do Pazo de Oca'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na Estrada á conferencia ‘Historia do Pazo de Oca’, impartida polo catedrático José Florencio Rodríguez-Montero Valladares.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística asiste en Silleda á representación da obra 'O Naranxo'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira ao espectáculo ‘O Naranxo’.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
‘A galiña azul’ despide a súa xira no programa FalaRedes en Lalín e en Cangas

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu no concello pontevedrés de Lalín á actividade de dinamización lingüística 'A galiña azul', que despide estes días o seu paso polo programa FalaRedes en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Publícase a resolución definitiva das axudas para servizos de normalización lingüística da provincia da Coruña
A Deputación da Coruña publicou a resolución definitiva da convocatoria de axudas a concellos e entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2017.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un modelo matemático pode predicir a evolución da convivencia entre castelán e galego
Os científicos galegos Jorge Mira e Luís Francisco Seoane publicaron un artigo no libro Bilingualism and Minority Languages in Europe: Current trends and developments no que repasan e actualizan o traballos baseados en métodos matemáticos aplicados á lingüística para realizar predicións en contextos bilingües.
Fonte: Galicia Confidencial
Política Lingüística e a EGAP convocan novos cursos de linguaxe administrativa galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convocan catorce novos cursos de formación en linguaxe administrativa galega media e superior, presenciais e en liña, dirixidos a reforzar a capacitación lingüística do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cúmprense 60 anos do “Galician Programme” da BBC, a primeira programación de radio estable en lingua galega

O 14 de abril de 1947 comezaba a primeira programación radiofónica estable en galego, o "Galician Programme", unha xanela aberta á difusión da lingua e da cultura galegas desde a máis prestixiosa emisora do mundo, a BBC.
Fonte: Real Academia Galega
O Galegote Rock celebrarase un ano máis en Pontevedra para promover os grupos musicais que cantan en galego
Do 27 ao 29 de abril celébrase a sexta edición do Galegote Rock, un programa de concertos organizado polo Concello de Pontevedra que ten como obxectivo promover os grupos musicais que cantan en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín