Galicia
A Universidade de Santiago convoca un ano máis o concurso Mazarelos co obxectivo de fomentar a creatividade literaria en galego
A Facultade de Filoloxía convoca a terceira edición do concurso literario Mazarelos, un certame que ten como obxectivo promover a creatividade e a capacidade de expresión en galego e descubrir novos valores para a literatura galega.
A Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Parques Empresariais poñen en marcha a campaña "Vender en galego"

A campaña "Vender en galego" ten como obxectivo fomentar o uso do galego como elemento diferenciador e competitivo no mercado. Con esta iniciativa preténdese concienciar as empresas e o comercio local para que etiqueten os produtos nesta lingua. Ademais, conta cun espazo web (www.venderengalego.gal) que ofrece ferramentas en liña útiles para os procesos de comercialización como tradutores, cursos de galego, dicionarios ou software.
Fonte: Deputación de Pontevedra
Román Rodríguez participa na entrega do XXII Premio Arcebispo San Clemente-Rosalía-Abanca
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou no acto de entrega do XXII Premio Arcebispo San Clemente-Rosalía-Abanca.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
FalaRedes estrea esta fin de semana na Estrada e Narón ‘Tic Tac Toc’, co músico Pablo Díaz

O programa de dinamización lingüística máis coñecido do tecido municipal galego, FalaRedes, estrea esta fin de semana ‘Tic Tac Toc’, a segunda das propostas da súa sexta edición, que levarán en concerto Pablo Díaz e a súa banda, en exclusiva, a dezanove concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Publícase unha nova versión en galego da Táboa Periódica dos Elementos
O grupo de innovación docente CienciaNOSA da Universidade de Santiago de Compostela publicou en liña a nova versión en galego da Táboa Periódica dos Elementos.
O Concello de Vigo organiza un curso de galego para persoas de fóra de Galicia
O curso Achégate ao galego, nivel 0, está dirixido a persoas de fóra de Galicia sen coñecementos do idioma e que queren iniciarse na lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Deputación de Pontevedra destina 110 000 euros a axudas para a realización de actividades de fomento do galego
As axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega durante o ano 2017 están destinadas a entidades sen ánimo de lucro, que teñen de prazo ata o 25 de abril para presentar as súas solicitudes.
Fonte: Deputación de Pontevedra
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca probas de competencias clave en lingua galega
Entre as probas de avaliación en competencias clave convocadas pola Xunta de Galicia atópase a comunicación en lingua galega, para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García asiste á presentación da peza teatral Ghuasá
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres á presentación da peza teatral Ghuasá, de Fernando González Graña.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Román Rodríguez loa a Varela Buxán como “figura clave” do teatro galego no século XX
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou en Santiago na homenaxe ao dramaturgo Manuel Daniel Varela Buxán, con motivo do 30 aniversario do seu pasamento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín