Galicia

A Xunta congratúlase do nomeamento de Víctor F. Freixanes como novo presidente da Real Academia Galega

A Xunta de Galicia congratúlase do nomeamento de Víctor F. Freixanes como novo presidente da Real Academia Galega (RAG). O plenario da institución elixiuno como sucesor do profesor Alonso Montero para os vindeiros catro anos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xa está dispoñible en galego a versión 3.24 do escritorio libre GNOME

O escritorio libre GNOME acaba de lanzar a súa nova versión, a 3.24, que presenta importantes novidades e que está dispoñible en galego grazas ao traballo do Grupo de Tradución de GNOME.

Fonte: Código Cero

Unha nova edición de "Somos a curta!" premiará a mellor curtametraxe de comedia en lingua galega

Ao Certame de curtas de comedia ‘Somos a curta!’, que chega á súa sexta edición, poderán presentarse pezas cuxa duración non supere os 10 minutos, que teñan como piar fundamental o humor e que estean rodadas en lingua galega.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Mesa pola Normalización Lingüística lanza unha campaña para que unha lei garanta os dereitos lingüísticos

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou unha campaña de recollida de sinaturas en apoio a unha iniciativa lexislativa popular (ILP) coa que pretenden que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía no ámbito socioeconómico.

Fonte: Galicia Confidencial

Política Lingüística desenvolve obradoiros de toponimia nos centros participantes no Proxecto Dragal

O alumnado de primeiro da ESO do IES Marco do Camballón do concello pontevedrés de Vila de Cruces participou nun dos obradoiros destinados a apoiar o estudantado nas tarefas de pescuda arredor do patrimonio inmaterial galego que se desenvolve no marco da cuarta edición do Proxecto Dragal, un programa interdisciplinario de dinamización lingüística, de animación á lectura, á creación e á investigación en galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A editorial Santillana presenta o seu novo selo literario dedicado á literatura infantil e xuvenil en galego

O novo selo da editorial Santillana, a través da súa filial Obradoiro, está dedicado á literatura infantil e xuvenil en lingua galega e presentouse baixo o nome 'Oqueleo'. Inicialmente compoñen o catálogo un total de 22 títulos, 11 novos e outros 11 recuperados do fondo.

Fonte: Culturagalega.org

Seis concellos da Rede de Dinamización acollen as propostas desta semana no FalaRedes

Seis dos máis de 180 concellos que integran a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia acollerán durante esta fin de semana as actividades do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes', impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os catro IES gañadores do V Rally matemático e científico participarán na final de Toulouse

Os catro IES gañadores do V Rally Matemático e Cientifíco sen Fronteiras organizado pola pola Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acudirán á final internacional de Toulouse.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Dicionario da Real Academia Galega permite a busca directa de palabras polo feminino

Xa é posible buscar no dicionario en liña da Real Academia Galega (RAG) as palabras directamente con variación xenérica pola forma en feminino, tanto na páxina web da RAG como do Portal das Palabras.

Fonte: Real Academia Galega

O Concello de Santiago de Compostela convoca "Enreguéifate", un certame de improvisación oral en galego

O certame de regueifas en vídeo "Enreguéifate" ten como obxectivo fomentar este tipo de improvisación oral en lingua galega.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder