Galicia
Nace Ouve!, unha nova publicación en lingua galega dedicada á actualidade musical
Ouve! Fanzine de música en galego é unha publicación trimestral en papel, gratuíta e editada en lingua galega. Está centrada en temas de actualidade musical, como artistas, eventos, entrevistas, recensións etc.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O fomento do galego é para a Corporación Radio e Televisión de Galicia un dos piares centrais da súa política de RSC
O director xeral do ente público subliñou en comisión parlamentaria que o fomento do uso do galego, principalmente entre o público infantil e xuvenil, é un dos piares centrais na súa política de responsabilidade social corporativa.
Fonte: Galicia Hoxe
Valentín García participa na homenaxe do colectivo Galeguizar Galicia a Xosé González Martínez
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na homenaxe a Xosé González Martínez, organizado polo colectivo Galeguizar Galicia, con motivo da súa xubilación.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase o Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores cunha categoría dedicada á promoción da lingua galega

A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con UNINOVA, convoca o XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores, un certame que conta con diferentes modalidades, entre as que se inclúe o “Premio á promoción da lingua galega”.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Vigo organiza un obradoiro de improvisación oral en verso
Este obradoiro de improvisación oral en verso (regueifa) está destinado a docentes de Lingua Galega de Educación Primaria e Secundaria coa finalidade de ensinarlles este recurso lúdico e didáctico para fomentar o uso oral do galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As feiras do libro de Galicia 2017 botan a andar en Verín
As Feiras do Libro de Galicia 2017 inician en Verín un percorrido que as levará por 16 concellos das catro provincias galegas, dous máis que o pasado ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra convoca subvencións para entidades que leven a cabo actividades de dinamización lingüística
Estas axudas están destinadas a entidades culturais sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que desenvolvan actividades de dinamización lingüística.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase unha concentración ante o xulgado de Corcubión polo dereito a galeguizar os nomes e os apelidos
A Mesa pola Normalización Lingüística convocou unha mobilización fronte ao Rexistro Civil de Corcubión como protesta ante a súa negativa a cambiarlle o apelido "Rey" por "Rei" a unha estudante, malia que a legalidade ampara a súa solicitude.
Fonte: El Progreso
A colaboración institucional subscrita polos gobernos autonómicos con linguas propias refórzase en Galicia
A colaboración institucional subscrita ata agora polos gobernos galego, vasco, catalán e balear reforzarase coa incorporación dos gobernos navarro e valenciano ao Protocolo de colaboración en materia de política lingüística, logo da solicitude de adhesión presentada por eles e a aceptación dos membros actuais na reunión da comisión de seguimento en Santiago de Compostela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As xornadas Xosé Calviño 2017 analizan a implantación do portugués no ensino medio galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou no IES Arcebispo Xelmírez I as Xornadas Xosé Calviño 2017, que se desenvolven ata o día 6 de abril na Aula Magna do instituto compostelán.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín