Galicia
A sexta edición do programa FalaRedes inicia a súa andaina coa actividade ‘A galiña azul’
A sexta edición do programa de dinamización lingüística que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaria Xeral de Política Lingüística, nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) inicia estes días a súa andaina polas catro provincias galegas coa nova actividade ‘A galiña azul’.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Museo de Pontevedra acolle a presentación de dúas publicacións sobre toponimia editadas pola Real Academia Galega
Un dos volumes presentados leva por título Toponimia de Agolada e será o primeiro da colección "Terra Nomeada", un proxecto froito da colaboración entre a RAG e a Asociación Galega de Onomástica. O outro, Estudos de Onomástica Galega. Microtoponimia: experiencias de recolla, didáctica e codificación, recolle os relatorios das Xornadas de Onomástica Galega, celebradas o pasado 17 de setembro.
Fonte: Real Academia Galega
A Real Academia Galega presenta o DicionarioLab, un proxecto para modernizar as ferramentas do traballo lexicográfico
DiccionarioLab forma parte do Portal das Palabras, froito da colaboración entre a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, e ten entre os seus obxectivos modernizar as ferramentas lexicográficas, ofrecer recursos útiles e establecer comunicación directa coa xente.
Fonte: Código Cero
O galego incorpórase ás andainas lingüísticas organizadas polo Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago
O Centro de Linguas Modernas, coa colaboración do Servizo de Deportes, pon en marcha un ano máis esta iniciativa incorporando as linguas galega, francesa e italiana que se suman ao inglés.
A Deputación da Coruña resolve as axudas para os servizos de normalización lingüística dos concellos
O BOP da provincia da Coruña publica a resolución provisional das axudas a concellos e entidades locais para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2017.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Román Rodríguez destaca no centenario do pasamento de Pondal o carácter fundacional da súa obra poética
Román Rodríguez participou nos actos conmemorativos do centenario do pasamento de Eduardo Pondal, organizados pola súa Fundación, e coñeceu de primeira man o traballo de difusión cultural desenvolto pola FEP a través dos distintos talleres que organizan.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na presentación do informe anual do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do informe anual do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) 2016/17.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Os poetas mindonienses serán os protagonistas da quinta edición de ‘No bico un cantar’
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega poñen en marcha a quinta edición de ‘No bico un cantar’, unha iniciativa na que a música e a poesía cobran protagonismo nas voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia e que este ano lles renden homenaxe aos poetas mindonienses.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Nace "O Salto", unha nova publicación xornalística en galego
Trátase dunha publicación mensual, cuxo primeiro número saíu o 1 de marzo, que forma parte dun proxecto a nivel estatal.
Fonte: Culturagalea.org
Preséntase 'Básicos Ciencia', a primeira colección dedicada exclusivamente á divulgación científica en lingua galega
Esta colección, posta en marcha pola Editorial Xerais e que prevé publicar entre dous e tres títulos ao ano, será a primeira dedicada exclusivamente á divulgación científica en galego e protagonizada por científicos de Galicia.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín