Galicia
Actualizan o web da campaña "Do berce á rúa" cuxo obxectivo é fomentar a transmisión familiar do galego
O Concello de Narón actualiza o web da campaña "Do berce á rúa" con novos recursos lúdicos e educativos (contos, xogos, cancións, arrolos… ) dirixidos ás familias e ao profesorado de educación infantil.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Vigo acollerá un obradoiro de recursos informáticos para traballar en galego
O Concello de Vigo organiza un obradoiro sobre recursos informáticos no que se darán a coñecer as ferramentas lingüísticas existentes para traballar en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
‘Aulas sen paredes’ propón novas estratexias para innovar no ensino e na aprendizaxe das linguas

O novo proxecto ‘Aulas sen paredes’, un estudo teórico-práctico derivado da tese de doutoramento da súa autora, Rosalía Fernández Rial, propón novas estratexias pedagóxicas para as aulas de lingua a través de ferramentas tan innovadoras no ensino e na aprendizaxe lingüísticas como a expresión dramática e teatral.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación da Coruña convoca unha nova edición do premio Rosalía de Castro de Lingua
Este premio, que chega á súa oitava edición, ten como obxectivo recoñecer iniciativas, traballos, traxectorias persoais, entidades ou colectivos comprometidos coa promoción do patrimonio lingüístico galego.
Fonte: CTNL
Unha webserie en lingua de signos feita en Galicia participará no festival Global de Hollywood
Mírame cuando te hablo é o título desta webserie en lingua de signos, a primeira deste tipo que se fai en España.
Fonte: Faro de Vigo
Valentín García participa en Vila de Cruces na presentación de 'Tal como eramos'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro de fotografías antigas Tal como eramos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o avance da programación para as Letras Galegas 2017
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou o avance da programación da Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2017, dedicadas ao ourensán Carlos Casares Mouriño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Educación orientará os centros no cumprimento do equilibrio lingüístico na ESO
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá a disposición dos centros información co fin de dar cumprimento ao establecido no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, tal e como xa se vén facendo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'Lingua de namorar' premiará as mellores mensaxes de amor da mocidade en galego
O día dos namorados foi o elixido este ano pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para botar a andar unha nova quenda do concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade 'Lingua de namorar', que chega á súa quinta edición.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Deputación de Pontevedra convoca axudas para o fomento do galego nas entidades locais da provincia
O obxecto desta convocatoria da Deputación de Pontevedra é a creación ou o mantemento de servizos de normalización lingüística, así como a posta en marcha de programas de dinamización da lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín