Galicia
Política Lingüística apoia o labor dos equipos de dinamización a prol da promoción do uso do galego desde o ensino
A Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia o labor de promoción do uso do galego dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) dos centros de ensino coa publicación de dúas convocatorias de axudas destinadas tanto a centros docentes públicos coma a privados.
Fonte: Xunta de Galicia
A Universidade de Vigo organiza dous certames para pór en valor o talento en galego do alumnado preuniversitario
Estes dous premios, un de investigación e outro de creación literaria, teñen como obxectivo recoñecer o talento en lingua galega do alumnado preuniversitario así como darlle a coñecer a propia Universidade de Vigo.
Fonte: Universidade de Vigo
Convocan un certame de relato curto para fomentar a creatividade en galego do alumnado
A Federación de Asociacións de Pais de Alumnos (Fampa) convoca este certame para fomentar a creatividade e o emprego do galego como vehículo da expresión literaria que consta de catro categorías: Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP e sénior.
Fonte: Faro de Vigo
O segundo número de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid réndelle tributo a Sabino Torres
O segundo número de Olga. Revista de Poesía Galega en Madrid réndelle tributo a Sabino Torres, escritor e editor galego falecido en maio do pasado ano.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa está dispoñible a versión en galego de Gogs, un servizo empregado por desenvolvedores de software de código aberto
Gogs, un servizo Git (software de control de versións) para desenvolvedores de software de código aberto, xa conta con versión en galego, cuxo responsable é David A. Lareo.
Fonte: Código Cero
A Xunta e as fundacións Pondal, Rosalía e Curros impulsan unha homenaxe aos tres autores do Rexurdimento
Con motivo do centenario do pasamento de Eduardo Pondal, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xunto coas fundacións Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, está a impulsar unha homenaxe a estes tres autores do Rexurdimento galego, que se fará en colaboración cos concellos implicados, Ponteceso, Padrón e Celanova.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Tradúcese por primeira vez ao galego a obra poética infantil de Stevenson
A profesora da Universidade de Vigo Celia Vázquez acaba de publicar Stevenson e a tenrura da súa poesía infantil, un volume que inclúe, en versión inglesa e galega, os poemas de A Child’s Garden of Verses .
Fonte: Universidade de Vigo
O roteiro Carlos Casares percorrerá en Ourense a traxectoria vital e literaria do escritor
O escritor Carlos Casares contará na súa cidade natal cun roteiro que percorrerá a súa traxectoria vital e literaria a través de 20 placas de cerámica nas que se reproducen diversos fragmentos da súa obra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A segunda edición do Concurso Balbino de Relatos premiará o mellor traballo inspirado no rural galego
A segunda edición do Concurso Balbino de Relatos premiará o mellor traballo inspirado no rural galego. A iniciativa, que inclúe como premio 1500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza, pretende “ser un estímulo para todas as persoas que queiran promover e dar a coñecer Galicia e a súa lingua e cultura propias desde as temáticas máis vencelladas á nosa tradición, idiosincrasia ou costumes”, tal e como detallou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Educación destina 135 000 euros á formación en idiomas do alumnado universitario
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para que ata 150 universitarios realicen estadías no estranxeiro para mellorar o seu nivel en linguas estranxeiras.
Fonte: Xunta de Galicia
Boletín
Subscríbase ao boletín