Galicia

O catálogo de Nadal de Abertos ao Galego promove a compra de regalos nesta lingua

As empresas asociadas á iniciativa Abertos ao galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, lanzan o seu catálogo de Nadal para invitar a cidadanía a agasallar en lingua galega nestas datas.

Fonte: Galicia Hoxe

As propostas de 'Nadal en Rede' enchen as axendas de lecer nos concellos da Rede de Dinamización

As propostas do programa 'Nadal en Rede' enchen desde a fin de semana pasada as axendas de lecer nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Mesa pola Normalización Lingüística edita un libro sobre peixes e fauna mariña en galego

Os peixes e outra fauna mariña é un libro para aprender, identificar e provocar interese polo mundo mariño entre as nenas e nenos de ata seis anos.

Fonte: Galicia Confidencial

O Concello de Betanzos aproba a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega

A Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos declara o galego como idioma oficial deste consistorio, co cal se empregará en toda a documentación, nas relacións coa cidadanía e con outras entidades, na comunicación social...

Fonte: CTNL

O Concello de Ferrol organiza no Nadal un campamento para o fomento da lingua galega

O Galicamp é un campamento que ten como obxectivos dar a coñecer a pluralidade lingüística e axudar a combater os prexuízos lingüísticos co galego.

Fonte: Galicia Confidencial

Cultura e Educación publica dúas novas convocatorias de dinamización lingüística nos centros educativos

O Portal da Lingua Galega e o Portal Educativo publican dúas convocatorias conxuntas da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura e Educación destinadas a promover o uso e valoración da lingua propia de Galicia nos colexios e institutos e a difundir, apoiar e recoñecer o labor dos equipos de dinamización da lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Televisión de Galicia reduce os servizos de dobraxe ao galego

O orzamento da TVG para os servizos de dobraxe ao galego de filmes, series e programas pasa de 7 a 1,4 millóns de euros.

Fonte: Galicia Confidencial

A aplicación do Xabarín Club convértese na primeira con programación infantil en galego

O programa Xabarín Club xa conta coa súa propia aplicación que ten entre os seus obxectivos difundir e dinamizar a lingua galega entre os máis pequenos de forma divertida.

Fonte: Cine y Tele

A Escola Oficial de Idiomas da Coruña organiza un obradoiro de iniciación á curtametraxe en galego

Este obradoiro realízase no marco do proxecto anual de promoción do Festival CinEOI Coruña 2017 e será impartido por Omar Rabuñal Varela (realizador, guionista e actor).

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia presenta o novo produto documental De ducia en ducia pola lingua

A iniciativa componse dunha ducia de taboleiros temáticos que mostran o patrimonio documental galego xerado no proceso de normalización lingüística.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder