Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística clausurou a Semana Cultural da Bandeira

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, impartiu o relatorio 'Vida e obra de Xosé Neira Vilas' e clausurou a Semana Cultural da Bandeira organizada pola Asociación Cultural Vista Alegre.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Aumenta un 29 % a programación da Corporación de Radio e Televisión de Galicia en lingua de signos

O Informe de progreso anual da Corporación de Radio e Televisión de Galicia sinala a mellora da accesibilidade dos seus servizos. Así, destaca entre os seus indicadores o incremento nun 29% da programación en lingua de signos.

Fonte: CRTVG

Os concellos de Ames, Santiago e Teo presentan a iniciativa de promoción do galego Conto, canto o Nadal

A iniciativa Conto, canto o Nadal ten como obxectivo que os/as nenos/as destes concellos empreguen o galego nas cartas que lles envíen aos Reis Magos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A aplicación Waze engade o galego como lingua de navegación

Waze, a aplicación colaborativa de tráfico que conta con máis de 65 millóns de persoas usuarias en todo o mundo, incluíu, entre outras melloras, o galego como lingua de navegación.

Fonte: El Economista

Solicítanlle á Valedora do Pobo que inste a Xunta a garantir na ESO o equilibrio entre as dúas linguas oficiais

A Mesa pola Normalización Lingüística e o sindicato CIG solicitáronlle á Valedora do Pobo que inste a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a que garanta un equilibrio entre o galego e o castelán durante a ESO.

Fonte: Galicia Hoxe

O Centro Dramático Galego representará por vez primeira dúas obras de Valle-Inclán en lingua galega

A liberación de dereitos de autor vai permitir traducir legalmente ao galego as obras de Ramón María del Valle-Inclán, polo que o Centro Dramático Galego porá sobre as táboas dúas das obras da triloxía Martes de Carnaval.

Fonte: Culturagalega.org

Alumnas e alumnos de sete nacionalidades aprenden lingua e cultura galegas na Universidade de Vigo

O Curso de Extensión Cultural para alumnado estranxeiro que organiza a Universidade de Vigo conta con 22 estudantes de sete nacionalidades diferentes, con Alemaña como país que máis estudantes achega, cun total de 13, seguido de Italia e República Checa.

Fonte: Universidade de Vigo

Daniel Asorey recibe o X Premio de Narrativa Breve Repsol por ‘Nordeste’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na Coruña na entrega do X Premio de Narrativa Breve Repsol a Daniel Asorey Vidal pola súa novela Nordeste.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Os Bolechas propoñen un ‘Nadal en familia’ en concellos da Rede de Dinamización Lingüística

Os Bolechas propoñen un ‘Nadal en familia’ na xira que iniciarán este mesmo sábado en concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Entréganse os Premios Manuel Beiras de recoñecemento polo uso do galego no sector empresarial

O estudio de interiorismo Nanube, a empresa de alta costura Miranda Priestly e a editorial Alvarellos recibiron o XVII Premio Manuel Beiras ao uso do galego na empresa.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder