Galicia

A Xunta de Galicia responderá as queixas e as consultas na mesma lingua en que se realicen

O novo decreto sobre a atención á cidadanía na Administración autonómica establece como novidade a obriga de responder en castelán as suxestións ou queixas que se realicen neste idioma.

Fonte: Faro de Vigo

A Deputación de Lugo aproba a Ordenanza de uso da lingua galega

O Boletín Oficial da Provincia do pasado 14 de setembro de 2016 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo. Esta ordenanza establece as actuacións que a institución provincial debe poñer en marcha para fomentar o galego e os criterios lingüísticos das súas comunicacións.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Consellería de Cultura acompaña a Ignacio Vilar na preestrea coruñesa de 'Sicixia'

A Consellería de Cultura, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e no director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañaron o director de cine Ignacio Vilar na preestrea coruñesa da súa nova longametraxe Sicixia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa en Vilalba na homenaxe a Xulio Xiz

O secretario xeral de Política Lingüística acompañou ao xornalista e dinamizador cultural, que contará cun hectómetro literario no coñecido Paseo dos Soños.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Latingal convértese na primeira aplicación para traducir do latín ao galego

Esta aplicación, por agora dispoñible para dispositivos Android, permite buscar un termo en latín para atopar a súa definición en galego. Foi creada polos profesores Raúl Gómez Pato e José Carracedo Fraga.

Fonte: Galicia Confidencial

O alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol visita Galicia en viaxe de estudos

Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, recibiron o alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol que se atopa estes días na nosa terra de viaxe de estudos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Vigo impartirá un curso sobre lingua e cultura da comunidade xorda

Entre os obradoiros de Extensión Universitaria programados para o primeiro cuadrimestre destaca o denominado “Comunícate coas túas mans: lingua e cultura da comunidade xorda”, no que se impartirán as nocións básicas desta lingua.

Fonte: Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo imparte sete cursos teóricos e prácticos sobre expresión escrita e oral en galego

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo impartirá sete cursos de galego, que tratarán temas como a linguaxe administrativa, a sanitaria ou o uso do galego na investigación e a ciencia.

Fonte: Universidade de Vigo

Os equipos de dinamización comezan o curso con novas propostas para estudar e vivir en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, no cumprimento das funcións que ten asignadas, ofrece no Portal da Lingua Galega unha mostra dos materiais máis representativos, coa finalidade de divulgalos e de estender, deste xeito, as boas prácticas na promoción do uso do galego.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Unha xornada analizará a responsabilidade social corporativa en galego

A xornada “Responsabilidade social corporativa en galego”, organizada polo Consello da Cultura Galega, celebrarase o 18 de outubro en Santiago de Compostela.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder