Galicia
Os contacontos de Dinamización Lingüística do programa 'Galicia culturea' rematan na Estrada

A Estrada vai clausurar as actividades de contacontos da Rede de Dinamización Lingüística incluídas no programa 'Galicia culturea. Cultura e lingua no verán', que se desenvolve en máis de 160 concellos da Comunidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A CTNL preséntalles propostas en materia de política lingüística a todos os grupos políticos para as eleccións galegas
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua envioulles aos principais partidos políticos as súas propostas en materia de normalización e política lingüística.
Fonte: CTNL
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a marxinación do galego no Concello de Malpica
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou a marxinación da lingua galega existente na sinalización das praias de Area Maior e Canido, no Concello de Malpica.
Fonte: La Opinión A Coruña
‘Galicia Culturea’ achega en setembro a 15 novos concellos diversas actividades musicais e de dinamización lingüística
Desde a súa posta en marcha no mes de xullo, "Galicia culturea" ten programado e colaborado en preto de 600 actividades desenvolvidas en 150 concellos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística clausura o I Congreso de Normalización Lingüística de Cambados
O Congreso celebrouse co obxectivo de presentar experiencias dos e das docentes de Educación Secundaria Obrigatoria en canto ao uso do galego no currículo educativo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega do premio 'Celanova, casa dos poetas'
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do premio 'Celanova, casa dos poetas', que chega con esta á súa XXXII edición.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Festival Tosta de linguas minoritarias chega a Rianxo
Este festival ten como protagonista a diversidade lingüística e cultural, representada coas linguas e culturas de Irlanda, Gales, Escocia, Cornualles, Frisia, Galicia e País Vasco.
Fonte: Cultura Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística envíalles seis propostas a favor do galego aos principais partidos políticos
A Mesa pola Normalización Lingüística fíxolles seis propostas aos principais partidos políticos para favorecer a difusión da lingua galega.
Fonte: Praza Pública
O Cervantes ampliará as súas accións de proxección internacional do galego en colaboración coa Xunta

O Instituto Cervantes, que conta con 76 sedes en todo o mundo, ampliará desde este ano as súas accións de proxección internacional da lingua galega en colaboración coa Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un estudo analiza a relación de galeguismos e castelanismos co galego estándar
O estudo realizado por unha profesora da Universidade de Vigo analiza a relación dos galeguismos e castelanismos co galego estándar.
Fonte: Galicia Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín